Estas actividades de lectura, que
deseñamos entre o alumnado voluntario e o profesorado implicado (contacontos, teatriños...) pretenden favorecer a formación de actitudes de
colaboración e de solidariedade, e educar
as actitudes de coidado co máis vulnerable, de respecto polo outro, de
acompañamento, ademais de ser unha función familiar, tamén é un obxectivo da
escola, espertar o interese por
participar en accións de creación colectiva, de experiencia compartida na
construción da sociedade, de defensa dos dereitos e de exercicio dos deberes
democráticos.
Amosando publicacións coa etiqueta dinamizacion b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta dinamizacion b>. Amosar todas as publicacións
martes, 22 de xaneiro de 2019
Empezamos co voluntariado!!
Aquí vos presentamos ao voluntariado lector do CEIP de Randufe. Xa estamos traballando arreo para sumarnos á iniciativa "Ler fóra do centro" lanzada por Bibliotecas escolares de Galicia e na que nós participamos.
mércores, 19 de decembro de 2018
Andoriña Nº 68
A revista do colexio xa esta no kiosco virtua dos nosos blogues.
.Podedes ver as cousiñas tan interesantes que fixemos durante este trimestre, premendo no enlace.
https://issuu.com/ceip_randufe/docs/andori_a_68
luns, 26 de febreiro de 2018
Rosalía: muller e poetisa
E casi remata febreiro e comeza marzo. Para conmemorar o día da nosa poetisa máis querida, dende a biblioteca, preparamos no recuncho de novas, unha escolla de obras de Rosalía e unhas reseñas sobre a súa vida e algunhas curiosidades da súa apaixoante vida. Cada curso realizou actividades sobre a súa vida e a súa obra, caligramas, estudos de documentación sobre as súas viaxes, lecturas da súa poesía polas aulas... Todo o traballo recolleuse en diferentes exposicións polos corredores. En breve publicaremos unha presentación con todo o que traballamos.
A figura de Rosalía, usarémola para conmemorar tamén o día da mulller traballadora que se celebra o 8 de marzo. Parécenos interesante a visión rosaliana sobre o papel da muller na sociedade da súa época, que por desgraza, segue acontecendo case 200 anos despois.
Acompañarán a exposición de Rosalía, contos e biografías de mulleres que cambiaron o mundo. En breve expoñerémolas para a súa lectura e traballo de documentación dos nenos e nenas no recuncho de novas. Ate a proxima!!
A figura de Rosalía, usarémola para conmemorar tamén o día da mulller traballadora que se celebra o 8 de marzo. Parécenos interesante a visión rosaliana sobre o papel da muller na sociedade da súa época, que por desgraza, segue acontecendo case 200 anos despois.
Acompañarán a exposición de Rosalía, contos e biografías de mulleres que cambiaron o mundo. En breve expoñerémolas para a súa lectura e traballo de documentación dos nenos e nenas no recuncho de novas. Ate a proxima!!
Etiquetas:
dinamizacion,
Galego,
LE,
poesías,
Rosalía
luns, 22 de xaneiro de 2018
Aloumiña o monte, sementa paz...
Na biblioteca comezamos xaneiro coa celebración durante todo o trimestre de actividades dirixidas á respectar o noso monte, a nosa contorna, baixo o lema "Aloumiña o monte, sementa paz"
Estudaremos a persoa de Wangary Maathai, activista africana da que aprenderemos o respecto, a valentía, a solidariedade e moitos máis valores... Aaquí vos deixames unhas fotiños do noso recuncho.



Estudaremos a persoa de Wangary Maathai, activista africana da que aprenderemos o respecto, a valentía, a solidariedade e moitos máis valores... Aaquí vos deixames unhas fotiños do noso recuncho.
mércores, 13 de decembro de 2017
Cine na Biblio
A semana que vén, a nosa biblioteca convertirase nunha sala de cine. poderemos desfrutar do filme galego "O bosque animado" que recrea a vida dun bosque no que os animais se unen para loitar por unha causa común, salvar a fraga. Tras on incendios ocorridos recentementre, non podemos máis que repensar o que significa na nosa vida a natureza, e con esta película aprenderemos a valorar o noso fermoso bosque.
Montando o Apalpador
Queridos nenos e nenas, Chisco invítavos a participar no novo concurso arredor do noso queridiño Apalpador, que xa sabedes que cada Nadal vén apalpar as nosas barriguiñas dende o mesmísimo Courel. Aquí vos deixamos o cartaz que xa podedes ver tamén polos corredores. Saúdos!!!
martes, 12 de decembro de 2017
Novidades recén chegadas!!
Contacontos Bulideira
Mañá mércores e grazas a ANPA do CEIP de Randufe, temos na nosa biblioteca unha nova sesión de contacontos a cargo da Contacontos Bulideira. Nesta ocasión non é necesario que te apuntes, ven acompañad@ de quen queiras e desfruta da maxia das: " Lendas de aquí e acolá". Vémonos na Bilioteca!!!
mércores, 22 de novembro de 2017
martes, 24 de outubro de 2017
A biblioteca, o lugar donde aprender a pensar
A biblioteca, o lugar donde aprender a pensar é o lema deste ano para as
bibliotecas escolares. É parte fundamental do noso día a día na escola,
que o noso alumnado aprenda a pensar, dunha maneira autónoma, reflexiva, crítica,
e unha das chaves para acadalo é lendo. A nosa biblioteca abre as
portas para que isto sexa posible día a día. Deixámosvos unha
presentación que se elaborou dende o equipo de biblioteca para os noso alumnado, para motivar
esta celebración tan importante das nosas bibliotecas.
venres, 20 de outubro de 2017
Contacontos familiares
Esta semana andamos a tope de celebracións!! A nosa biblioteca ben o merece, non sí?
Este xoves 26 ás 16:30, teremos un fabuloso contacontos a cargo de Cristina Fernández: A incrible bibliotecaria devoradora de libros. Engaiolaranos coas súas historias e a súa marabillosa forma de contar os contos. Encantaravos!!
Apuntádevos na biblioteca cantos ides vir. A duración aproximada será de unha hora. Animádevos e animade ás vosas familias!!
Vémonos!!
Este xoves 26 ás 16:30, teremos un fabuloso contacontos a cargo de Cristina Fernández: A incrible bibliotecaria devoradora de libros. Engaiolaranos coas súas historias e a súa marabillosa forma de contar os contos. Encantaravos!!
Apuntádevos na biblioteca cantos ides vir. A duración aproximada será de unha hora. Animádevos e animade ás vosas familias!!
Vémonos!!
luns, 16 de outubro de 2017
Non máis lumes. Manuel María
Hoxe tristemente todos choramos pola nosa Terra. Dende o equipo de biblioteca, vos deixamos este poema que fai anos escribiu Manuel María e co que hoxe nos sentimos identificad@s. Aquí volo deixamos para que reflexionemos e pensemos... Non máis lumes!!
Cando o outono derrama xeneroso
![]() |
Cando o outono derrama xeneroso
o seu aceso ouro sobre as cousas
ou o verán ceiba os seus cabalos
tolos, desbocados e salvaxes,
xorde o incendio
con todo o seu imperio asoballante,
co seu galopar cego e cruel,
co seu bruído de mar e furacán
e o seu absurdo furor irracional.
E os rañaceos caen derrubados,
retórcense os ferros como cobras,
desplómanse as paredes
cun bruído de morte irremediábel.
Cando mans criminais queiman a fraga
e arden os vellos bosques sacros,
habitados aínda polos deuses,
algo, fondo e nobre, arde tamén:
un anaco de patria,
parte indivisíbel de nós mesmos.
Os animais morren abrasados
nos seus tobos de medo,
sacrificados parvamente
a unha crueldade inútil e inhumana.
As aves foxen asustadas
vertendo no ar os seus clamores.
O fume, mouro e mesto, sobe ao ceo
como unha bafarada de arrepío.
E as estrelas contemplas estantías
o colérico incendio destrutor,
ignorante e fermoso,
que avanza e retrocede
vestido de amarelo e de vermello.
Manuel María. Cecais hai unha luz
mércores, 4 de outubro de 2017
Anxo Fariña. Educación Infantil....
Aquí vos deixamos unha pequena recopilación da xornada na que recibimos a Anxo Fariña...Os nenos/as de 5 anos despois de investigar e coñecer moitas cousiñas e traballos deste autor, estabamos ansiosos /as por que chegara o día...O pasamos xenial e despois na aula fixemos algunhas actividades divertidas...Moitas grazas Anxo!!! Volve cando queiras.....
mércores, 5 de xullo de 2017
LECTURAS COMPARTIDAS NO ALTO DO COELLO
O ÚLTIMO DÍA DE CLASE FIXEMOS UNHA CAMIÑATA ATA O ALTO DO COELLO PARA DISFRUTAR DO AIRE LIBRE E PASALO BEN CON ALGUNHAS ACTIVIDADES QUE ORGANIZAMOS....PARA COMEZAR, E POÑER O PUNTO E FINAL, ÁS ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA, OS NENOS/AS MAIS MAIORES CONTARON CONTOS ÓS MAIS PEQUENOS/AS...PREVIAMENTE FIXERON UN TRABALLO DE ESCOLLIDA DE CONTOS, PREPARACIÓN DA LECTURA,ETC.... FOI XENIAL!!!! AHÍ DEIXAMOS UNHAS FOTIÑOS....
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)









