Hoxe tivemos o inmenso pracer de contar con Cristina Fernández, quen desinteresadamente e co único propósito de que pasaramos unha tarde diferente, agasallounos coa súa particular e divertida forma de contar os contos. Pasamos unha tarde xenial e entretida coas nosas familias, as cales lle agradecemos a calurosa acollida desta nova andaina. Moitas grazas ás que nos acompañastes e moitas grazas a Cristina, xa estamos desexando terte outra vez na biblioteca, co teu sombreiro máxico e a túa galiña azul. Aquí deixamos algúns momentos desta tarde lectora en familia!! Grazas
Contacontos familiares 1 from CEIP de Randufe on Vimeo.
Amosando publicacións coa etiqueta 24 outubro b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 24 outubro b>. Amosar todas as publicacións
xoves, 26 de outubro de 2017
martes, 24 de outubro de 2017
A biblioteca, o lugar donde aprender a pensar
A biblioteca, o lugar donde aprender a pensar é o lema deste ano para as
bibliotecas escolares. É parte fundamental do noso día a día na escola,
que o noso alumnado aprenda a pensar, dunha maneira autónoma, reflexiva, crítica,
e unha das chaves para acadalo é lendo. A nosa biblioteca abre as
portas para que isto sexa posible día a día. Deixámosvos unha
presentación que se elaborou dende o equipo de biblioteca para os noso alumnado, para motivar
esta celebración tan importante das nosas bibliotecas.
luns, 23 de outubro de 2017
Mochilas viaxeiras
Hoxe por fin resolvemos o misterio, Chisco, o noso rato de biblioteca tiña unha gran sorpresa para todos e todas... Unhas chulísimas mochilas que viaxarán as nosas casas cargadiñas de saber: contos, libros de consulta, música, un libro para papá e mamá, banda deseñada e máis recursos cos que sen dúbida compartiremos momentos en familia arredor da lectura.
Mirade que cara de alegría levabamos!!!!

Mirade que cara de alegría levabamos!!!!
venres, 20 de outubro de 2017
Contacontos familiares
Esta semana andamos a tope de celebracións!! A nosa biblioteca ben o merece, non sí?
Este xoves 26 ás 16:30, teremos un fabuloso contacontos a cargo de Cristina Fernández: A incrible bibliotecaria devoradora de libros. Engaiolaranos coas súas historias e a súa marabillosa forma de contar os contos. Encantaravos!!
Apuntádevos na biblioteca cantos ides vir. A duración aproximada será de unha hora. Animádevos e animade ás vosas familias!!
Vémonos!!

xoves, 19 de outubro de 2017
Día das bibliotecas+ Caixa misteriosa
O próximo luns 23 de outubro, celebramos o Día das Bibliotecas, dándolle ao día a importancia que merece, facendo actividades con vós para que entre todos e todas construamos unha biblioteca na que facer descubertas xunt@s e deixar que sexa unha colección de libros ordeados, a ser un espazo no que descubrir, explorar, curiosear, imaxinar e por suposto ler.
Para empezar esta andaina temos novas que nos axudarán a desfrutar da lectura e todos os materiais que temos na nosa fantástica biblioteca, e como novidade acompañaranvos as vosas familias. Onte chegou unha caixa cheiña de 11 cousiñas... Que serán?? Deixámosvos a foto para que fagades un exercicio detectivesco!! O luns descubriremos o segredo que agocha esa caixa misteriosa.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)