martes, 31 de marzo de 2020

1 DE ABRIL. DÍA DAS ARTES GALEGAS

 


      O día 1 de abril, celébrase o Día das Artes Galegas que, neste 2020, homenaxea ao arquitecto Domingo de Andrade. 
      El é o autor da Torre do Reloxo da Catedral de Santiago de Compostela. Aínda que a maior parte da súa obra podemos vela en Compostela, fora dalí tamén deixou a súa pegada en Lugo e Ourense.













        Nesta ligazón está a Torre do Reloxo para descargar, colorear e facer con ela un marcapáxinas, como fixo o alumnado do CEIP O Mosteirón (Sada-A Coruña). Tamén podedes investigar algo máis sobre Domingo de Andrade e buscar información.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmosteiron/system/files/Torre%20do%20reloxo%20pdf.pdf

luns, 30 de marzo de 2020

KALANDRAKA TV

      Como non pode ser doutro xeito, o Equipo de Biblioteca quere ofrecervos recursos para estes tempos de corentena.
     
     Dende a súa propia canle de televisión, disponible dende a web, a Editorial Kalandraka potencia o contido infantil para axudar na corentena polo coronavirus.

    Estas son as súas palabras:

 "Xa non podemos facer as sesións de contacontos nas librarías e demais, que facemos centos ao ano, así que farémolo virtualmente. Penso que 

QUEN CONTA E CANTA OS SEUS MALES ESPANTA"

     Hoxe deixámosvos o conto A CEBRA CAMILA.

      Pinchade no enlace ou copiade e pegade no buscador.

http://www.kalandraka.tv/gl/seccion2.php?id=33&pagina=3#PD_Loli%20Blanco%20-%20La%20cebra%20Camila

📕   📔   📚   📙   📘   📗


xoves, 5 de marzo de 2020

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Co motivo da celebración do 8 de Marzo, Día da muller traballadora, dende a Biblioteca propoñemos un traballo de investigación en relación a unha  importante científica chamada Eunice Newton

Eunice Newton Foote foi unha científica climatóloga e inventora estadounidense,  defensora dos dereitos das mulleres e destacada investigadora, pioneira do efecto invernadoiro  e predictora do cambio climático.Disto hai 164 anos, e non puido presentar o seu traballo científico por ser muller. 

Eunice foi rescatada do esquecemento no 2011 cando un investigador publicou un artigo sobre ela. Ademais, en 2016 unha climatóloga investigou e atopou a publicación que o xornal lle adicara.