domingo, 15 de decembro de 2019

POR NADAL... CINE NA BIBLIOTECA

Para rematar o trimestre faremos unha Sesión de Cine  na nosa Biblioteca. 

Non deixes de asistir, haberá flocos de millo!

Atent@s!

Para mercar os flocos de millo deberás conseguir os teus "Eurochiscos" superando unha divertida proba!

Estás preparad@?

Un video darache as primeiras instrucións.  Levarache a un "código QR" que che dará as pistas necesarias para atopar as pezas dun puzzle que deberás montar adecuadamente. 

Ánimo! Agudiza o teu inxenio!



mércores, 4 de decembro de 2019

MULLERES CIENTÍFICAS

Rematando o mes de novembro e coincidindo co Día Internacional da Eliminación da violencia de xénero,  investigamos sobre importantes Mulleres Científicas .

Así rematamos o mes da Ciencia na Biblioteca. O ano que ven espérannos máis actividades interesantes.

Aquí vos deixamos unha selección de fotos sobre os obradoiros que fixemos durante todo o mes.

Anatomía, Astronomía, Botánica, Xeoloxía, Mulleres de Ciencia...

 Canto aprendimos!

Fai click nos títulos!

Anatomía







mércores, 20 de novembro de 2019

ASTRONOMÍA NA BIBLIOTECA

Ola a todos e todas! 

Comezan as Xornadas de Astronomía na nosa Biblioteca. Esperánvos interesantes e divertidas actividades para saber máis sobre o Universo. 

Pasádevos por aquí na hora do recreo!  

Seredes benvid@s!







luns, 11 de novembro de 2019

OBSERVAMOS A NATUREZA NA BIBLIOTECA

Ola a tod@s! Esta semana continuamos coa Ciencia na Biblioteca.

Se vos interesa a  Botánica, animádevos a recoller polo patio, polo bosque ou polo voso barrio, follas coas cores do outono.  Iniciamos na Biblioteca un obradoiro de observación, manipulación e observación de follas... para entender mellor a natureza que nos rodea.

E... para os amantes da Mineraloxía haberá  unha atractiva "Exposición de rochas e minerais". 

Sempre acompañados de libros e ilustracións que nos axudarán a  saber un pouco máis e a aclarar as nosas dúbidas.


Non deixedes de visitarnos!




mércores, 6 de novembro de 2019

MES DA CIENCIA NA BIBLIOTECA

Bo día|! Aquí estamos de novo!  Comeza o mes da Ciencia na Biblioteca. 

Animádevos a visitarnos  durante os recreos!| Queredes aprender un pouco máis sobre o  corpo humano?   Durante o mes de novembro espéranvos inquietantes actividades de observación e interactivas. 

Esta semana, este será o centro de interese. 

Non deixedes de asistir!



martes, 5 de novembro de 2019

NA BIBLIOTECA...SAMAÍN DE MEDO

Que divertido foi participar nas actividades da Biblioteca no día do Samaín! Aquí vos deixamos unhas fotos que reflicten o mundo máxico no que nos sumerximos...


























xoves, 24 de outubro de 2019

CELEBRANDO O SAMAÍN

Chega o momento do Samaín. No CEIP de Randufe celebrarémolo dun modo especial na nosa Biblioteca. Se che gusta sentir emocións, achégate por alí a vindeira semana. Leremos "contos de medo" con lanternas, nun ambiente misterioooooso... Uuuuuh!

Ademáis non deixes de participar no Certame de "Historias terroríficas en formato teatro". Podes facelo individualmente ou en equipo. Tes de prazo ata o 4 de novembro. Anímate!!