Chega o verán e as tan ansiadas vacacións. Chega tamén o tempo de descanso e os monentos libres para desfrutar coa lectura. Nesta guía atoparedes suxestións de lecturas entretidas e divertidas. Esperamos que vos gusten.
Nestes días tiñamos programada a actuación de Paco Nogueiras no noso cole. Moitos de vós xa o coñecedes porque nos ten visitado en varias ocasións. Como, de momemto, non poderemos desfrutar da súa presencia, podedes ver estes vídeos que nos ofrece a canle Kalandraka TV.
Moitas grazas ao alumnado colaborador e ás súas familias por enviarnos as fotos para elaborar este vídeo. Con el queremos participar na celebración do "Día das Letras Galegas", respondendo á invitación do Concello de Tui e da Biblioteca Municipal.Nel atopamos as lecturas favoritas EN GALEGO dos nosos nenos e nenas neste tempo de confinamento.
Este ano, o autor homenaxeado no "Día das Letras Galegas" é o escritor ferrolán Ricardo Carvalho Calero. No blog do colexio escoladerandufe.blogspot.com tedes información sobre a súa vida e obra, xogos e algún conto. Para os máis pequenos esta pequena biografía presentada polos Bolechas.
Premede aquí: Carvalho Calero. Os Bolechas E a continuación, o conto de Ricardo Carvalho Calero, "As pitas baixo a choiva".
Para rematar
con esta serie de publicacións sobre o "Día do libro",
deixámosvos esta fermosa canción de Luz Casal e Carlos Núñez titulada
"Negra sombra". Está inspirada
nun dos poemas máis coñecidos de ROSALÍA DE CASTRO, do seu libro Follas
Novas.
Continuando
coa música inspirada en libros, presentamos a canción de
"Cocorico", do libro de MARISA NÚÑEZ, titulado tamén Cocorico.
Esta escritora galega escribiu o seu libro a partir dun conto tradicional
birmano.
Aquí tedes tamén o conto, por se queredes
seguir a lectura.
Hoxe temos a achega
de Laura Prado de 5º E.P., que nos envía o seu "Conto de títulos".
Para seguir coa música inspirada en libros, presentamos a canción
"Busca o máis vital, da famosa obra O libro da selva, escrita polo
inglés RUDYARD KIPLING. Seguro que todas e todos a coñecedes polos debuxos
animados de Walt Disney.