mércores, 14 de marzo de 2018

Certame poesía

En 1999 A UNESCO, proclamou o 21 de marzo, día mundial da poesía coincidindo co equinoccio de primavera e o día eliminación da discriminación racial.
Dende a biblioteca, queremos encher os corredores de poesía, por iso convidámosvos a participar neste novo certame. Animamos tamén ás familias que queiran, a entregar as súas producións poéticas, podedes entregalas en secretaría, expoñerémolas xunto as producións dos nenos e nenas. un saúdo!!


domingo, 4 de marzo de 2018

Rosalía: poetisa e muller (II)

Aquí vos deixamos un anaquiño do manifesto feminista que Rosalía con 20 anos, a piques de casar con Manuel Murguía, publica. Para ela, igual que para moitas mulleres, ser libre, escritora, nai e esposa non foi doado. Só con corenta e oito anos de vida, Rosalía dá a luz sete fillos, publica contos, artigos e dez obras en prosa e verso, algunhas consideradas obras mestras da literatura universal.  Disto fai 150 anos, donde as mulleres nin podían votar,  nin abrir unha conta corrente no banco, entre outras cousas. Pioneira galega sen dúbida, publica este manifesto feminista  no que nos mostra como quere ser: Libre como a brisa..., coma o pirata no mar.Aquí vos deixamos este anaquiño para desfrutar do seu pensamento.



(…) xamais dominou na miña alma a esperanza da gloria. Nin soñei nunca con loureiros que oprimisen a miña fronte. Só cantos de independencia e liberdade ensaiaron os meus labios. Aínda que ao redor sentira, desde o berce xa, o ruído das cadeas que debían apreixarme para sempre, porque o patrimonio da muller son os grillóns da súa escravitude.
Eu, porén, son libre, libre coma os paxaros, coma as brisas: como as árbores no deserto e o pirata no mar.
Libre é o meu corazón, libre a miña alma, e libre o meu pensamento, que se alza cara ao ceo e descende cara a terra, soberbio como luzbel e doce como unha esperanza (…)


Rosalia por Reizentolo

Mulleres que cambiaron o mundo

Achégase o 8 de marzo, data importante para as mulleres de todo o mundo. Seguindo co tema de Rosalía poetisa e muller, afondamos na vida de outras mulleres que como ela,  foron pioneiras  en moitos ámbitos da sociedade e que axudaron a mellorar o noso mundo. Dámoslle visibilidade a esas mulleres, fortalecendo o espírito crítico dos nosos nenos e nenas, facéndolle ver que hasta fai ben pouco as mulleres non eran libres para facer o que querían e que a día de hoxe, aínda existen paises no que isto segue a suceder. Acercámoslle pois, historias de mulleres que cambiaron o mundo, o noso recuncho está cheíño exemplos de loita de mulleres xeniales, así como de libros que nos acercan á igualdade. Invitámos aos pais e nais a descubrir historias increíbles de mulleres que cambiaron o mundo.

Día da muller from CEIP de Randufe on Vimeo.

venres, 2 de marzo de 2018

Traballando con Rosalía

Aquí vos deixamos o traballo que realizamos a semana pasada co gallo do día de Rosalía. Aprendemos unha morea de cousas e curiosisades da súa vida a través do recuncho de novas da biblioteca, donde ademáis había moitos libros de poesía que podiamos ollar durante os recreos. Aquí vos deixamos a escolma dos traballos que realizaron os nenos e nenas da nosa escola.

Día De Rosalía 2018 from CEIP de Randufe on Vimeo.