martes, 28 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO IV


DÍA DO LIBRO IV

      Para rematar con esta serie de publicacións sobre o "Día do libro", deixámosvos  esta fermosa canción de Luz Casal e Carlos Núñez titulada "Negra sombra".
      Está inspirada nun dos poemas máis coñecidos  de ROSALÍA DE CASTRO, do seu libro Follas Novas.






SEGUIDE GOZANDO COS LIBROS E COA LECTURA!

luns, 27 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO III


SEGUIMOS CELEBRANDO O DÍA DO LIBRO

      Continuando coa música inspirada en libros,  presentamos a canción de "Cocorico", do libro de MARISA NÚÑEZ, titulado tamén Cocorico. Esta escritora galega escribiu o seu libro a partir dun conto tradicional birmano.


     Aquí tedes tamén o conto, por se queredes seguir a lectura.




sábado, 25 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO II


SEGUIMOS CELEBRANDO O "DÍA DO LIBRO"

     Hoxe temos a achega de Laura Prado de 5º E.P., que nos envía o seu "Conto de títulos".




    Para seguir coa música inspirada en libros, presentamos  a canción "Busca o máis vital, da famosa obra O libro da selva, escrita polo inglés RUDYARD KIPLING. Seguro que todas e todos a coñecedes polos debuxos animados de Walt Disney.




xoves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO

       Seguimos celebrando o "Día do Libro" con música inspirada en libros coñecidos. Para esta xornada temos música jazz, banda sonora da película de Harry Potter: "Hedwig´s theme".

       Como vedes, os libros dan para moito. Ademais de entreternos son inspiración para música, películas, etc.

       Harry Potter, moi coñecida por moitos de vós, é unha serie de novelas de fantasía da escritora británica  J.K. Rowling

       Recomendámosvos a súa lectura.                      
                                                                                     

              


                                                              💿   📚   🎧   📙   🎶   📘    🎷



mércores, 22 de abril de 2020

23 DE ABRIL, DÍA MUNDIAL DO LIBRO




 "Cada libro que lemos queda gardado no noso peito como semente,  paxaro ou xabarín" MANUEL GAGO.




Neste “Día do Libro” estraño e diferente, queremos REIVINDICAR:

1.- O LIBRO: que nos acompaña máis que nunca, nos illa, emancipa, libera, atrapa, sacude, remove, pon os pés na terra e permite viaxar.

2.- OS AUTORES E AS AUTORAS: traballadores e traballadoras que nos agasallan con momentos de liberdade absolutos. Non permitamos que as súas creacións perdan valor nunha liquidación dixital.

3.- AS LIBRARÍAS: espazos máxicos e misteriosos nos que volveremos a perdernos, que nos acollen, aconsellan e sorprenden. Que coñecen as nosas necesidades, as do noso alumnado e bibliotecas…

     Máis que nunca precisamos saber onde estamos e cara onde imos…
     Máis que nunca precisamos da lectura, dunha lectura crítica que nos axude a       comprender…
                   (de Bibliotecas Escolares de Galicia)

                             📖  📕  📖  📗  📖  📘  📖  📙  📖  📚  📖


                Para celebrar este día, a profe Diana agasallounos con este                conto: "Un conto de contos". A ver se alguén se anima a facer 
      un cos contos que ten na casa e nolo envía. 
         
           Sería xenial!




      Como en moitas ocasións, literatura e música van      unidas. Hoxe comezamos coa primeira, dunha selección de cancións, inspiradas  en obras e libros moi coñecidos por todos vós. Trátase do poema titulado "O arco da vella", da obra de MANUEL MARÍA, Os soños na gaiola.

📚📘   DESFRUTADE DELA!   🎧🎶


 







xoves, 2 de abril de 2020

SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA

      Hoxe invitámosvos a visitar o SALÓN DO LIBRO que se celebra todos os anos na cidade de Pontevedra. 
      
      Algúns de vós fostes visitalo en cursos anteriores co cole, recordádelo?

      Xa que tivo que ser cancelado, ofrécennos a posibilidade de desfrutalo virtualmente. Así que, aproveitémola.

      Pinchade na ligazón e a  DESFRUTAR!

       https://www.salondolibro.gal/salon-virtual/

mércores, 1 de abril de 2020

2 DE ABRIL. DÍA DO LIBRO INFANTIL

 

         Como en anos anteriores (aínda que este sexa diferente) o IBBY (International board on books for young people) chama á conmemoración do Día do Libro Infantil o 2 de abril, data de nacemento de Hans Christian Andersen. O obxectivo é promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos. 
      
         A sección patrocinadora deste ano é Eslovenia que difunde a mensaxe de Peter Svetina, ilustrada por Damijan Stepancic: Fame de palabras. 




 

        ANIMÁDEVOS A LER UN LIBRO!


Extraído da páxina de bibliotecas escolares de Galicia