domingo, 4 de marzo de 2018

Rosalía: poetisa e muller (II)

Aquí vos deixamos un anaquiño do manifesto feminista que Rosalía con 20 anos, a piques de casar con Manuel Murguía, publica. Para ela, igual que para moitas mulleres, ser libre, escritora, nai e esposa non foi doado. Só con corenta e oito anos de vida, Rosalía dá a luz sete fillos, publica contos, artigos e dez obras en prosa e verso, algunhas consideradas obras mestras da literatura universal.  Disto fai 150 anos, donde as mulleres nin podían votar,  nin abrir unha conta corrente no banco, entre outras cousas. Pioneira galega sen dúbida, publica este manifesto feminista  no que nos mostra como quere ser: Libre como a brisa..., coma o pirata no mar.Aquí vos deixamos este anaquiño para desfrutar do seu pensamento.



(…) xamais dominou na miña alma a esperanza da gloria. Nin soñei nunca con loureiros que oprimisen a miña fronte. Só cantos de independencia e liberdade ensaiaron os meus labios. Aínda que ao redor sentira, desde o berce xa, o ruído das cadeas que debían apreixarme para sempre, porque o patrimonio da muller son os grillóns da súa escravitude.
Eu, porén, son libre, libre coma os paxaros, coma as brisas: como as árbores no deserto e o pirata no mar.
Libre é o meu corazón, libre a miña alma, e libre o meu pensamento, que se alza cara ao ceo e descende cara a terra, soberbio como luzbel e doce como unha esperanza (…)


Rosalia por Reizentolo

Ningún comentario:

Publicar un comentario