Amosando publicacións coa etiqueta Rosalía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Rosalía. Amosar todas as publicacións

domingo, 4 de marzo de 2018

Rosalía: poetisa e muller (II)

Aquí vos deixamos un anaquiño do manifesto feminista que Rosalía con 20 anos, a piques de casar con Manuel Murguía, publica. Para ela, igual que para moitas mulleres, ser libre, escritora, nai e esposa non foi doado. Só con corenta e oito anos de vida, Rosalía dá a luz sete fillos, publica contos, artigos e dez obras en prosa e verso, algunhas consideradas obras mestras da literatura universal.  Disto fai 150 anos, donde as mulleres nin podían votar,  nin abrir unha conta corrente no banco, entre outras cousas. Pioneira galega sen dúbida, publica este manifesto feminista  no que nos mostra como quere ser: Libre como a brisa..., coma o pirata no mar.Aquí vos deixamos este anaquiño para desfrutar do seu pensamento.



(…) xamais dominou na miña alma a esperanza da gloria. Nin soñei nunca con loureiros que oprimisen a miña fronte. Só cantos de independencia e liberdade ensaiaron os meus labios. Aínda que ao redor sentira, desde o berce xa, o ruído das cadeas que debían apreixarme para sempre, porque o patrimonio da muller son os grillóns da súa escravitude.
Eu, porén, son libre, libre coma os paxaros, coma as brisas: como as árbores no deserto e o pirata no mar.
Libre é o meu corazón, libre a miña alma, e libre o meu pensamento, que se alza cara ao ceo e descende cara a terra, soberbio como luzbel e doce como unha esperanza (…)


Rosalia por Reizentolo

venres, 2 de marzo de 2018

Traballando con Rosalía

Aquí vos deixamos o traballo que realizamos a semana pasada co gallo do día de Rosalía. Aprendemos unha morea de cousas e curiosisades da súa vida a través do recuncho de novas da biblioteca, donde ademáis había moitos libros de poesía que podiamos ollar durante os recreos. Aquí vos deixamos a escolma dos traballos que realizaron os nenos e nenas da nosa escola.

Día De Rosalía 2018 from CEIP de Randufe on Vimeo.

luns, 26 de febreiro de 2018

Rosalía: muller e poetisa

E casi remata febreiro e comeza marzo. Para conmemorar o día da nosa poetisa máis querida, dende a biblioteca, preparamos no recuncho de novas, unha escolla de obras de Rosalía e unhas reseñas sobre a súa vida e algunhas curiosidades da súa apaixoante vida. Cada curso realizou actividades sobre a súa vida e a súa obra, caligramas, estudos de documentación sobre as súas viaxes, lecturas da súa poesía polas aulas... Todo o traballo recolleuse en diferentes exposicións polos corredores. En breve publicaremos unha presentación con todo o que traballamos.
A figura de Rosalía, usarémola para conmemorar tamén o día da mulller traballadora que se celebra o 8 de marzo. Parécenos interesante a visión rosaliana sobre o papel da muller na sociedade da súa época, que por desgraza, segue acontecendo case 200 anos despois.
 Acompañarán a exposición de Rosalía, contos e biografías de mulleres que cambiaron o mundo. En breve expoñerémolas para a súa lectura e traballo de documentación dos nenos e nenas no recuncho de novas. Ate a proxima!!