E casi remata febreiro e comeza marzo. Para conmemorar o día da nosa poetisa máis querida, dende a biblioteca, preparamos no recuncho de novas, unha escolla de obras de Rosalía e unhas reseñas sobre a súa vida e algunhas curiosidades da súa apaixoante vida. Cada curso realizou actividades sobre a súa vida e a súa obra, caligramas, estudos de documentación sobre as súas viaxes, lecturas da súa poesía polas aulas... Todo o traballo recolleuse en diferentes exposicións polos corredores. En breve publicaremos unha presentación con todo o que traballamos.
A figura de Rosalía, usarémola para conmemorar tamén o día da mulller traballadora que se celebra o 8 de marzo. Parécenos interesante a visión rosaliana sobre o papel da muller na sociedade da súa época, que por desgraza, segue acontecendo case 200 anos despois.
Acompañarán a exposición de Rosalía, contos e biografías de mulleres que cambiaron o mundo. En breve expoñerémolas para a súa lectura e traballo de documentación dos nenos e nenas no recuncho de novas. Ate a proxima!!
Amosando publicacións coa etiqueta poesías b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta poesías b>. Amosar todas as publicacións
luns, 26 de febreiro de 2018
mércores, 22 de novembro de 2017
mércores, 7 de xuño de 2017
Recital de Poesía dos alumnos/as de 4º
Por aqui deixamos un recital de Poesías có que nos deleitaron os nenos e nenas de 4º...Xa son uns profesionais!!!!Noraboa compis, gran traballo!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

