Hoxe desfrutamos na nosa biblioteca dunha estupenda sesión de contacontos á cargo de Bulideira, que nos deleitaron con lendas tradicionais cargadas de historia, monicreques e música. Grazas á ANPA do colexio por colaborar na nosa tarefa de facer que nenos e nenas e as súas familias, desfruten da nosa biblioteca e como non coa ledicia de escoitar un conto. Ate a próxima!!
Bulideira: "Lendas de aquí e acolá" from CEIP de Randufe on Vimeo.
Amosando publicacións coa etiqueta contacontos b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta contacontos b>. Amosar todas as publicacións
mércores, 13 de decembro de 2017
martes, 12 de decembro de 2017
Contacontos Bulideira
Mañá mércores e grazas a ANPA do CEIP de Randufe, temos na nosa biblioteca unha nova sesión de contacontos a cargo da Contacontos Bulideira. Nesta ocasión non é necesario que te apuntes, ven acompañad@ de quen queiras e desfruta da maxia das: " Lendas de aquí e acolá". Vémonos na Bilioteca!!!
xoves, 26 de outubro de 2017
E por fín, contacontos familiares!!
Hoxe tivemos o inmenso pracer de contar con Cristina Fernández, quen desinteresadamente e co único propósito de que pasaramos unha tarde diferente, agasallounos coa súa particular e divertida forma de contar os contos. Pasamos unha tarde xenial e entretida coas nosas familias, as cales lle agradecemos a calurosa acollida desta nova andaina. Moitas grazas ás que nos acompañastes e moitas grazas a Cristina, xa estamos desexando terte outra vez na biblioteca, co teu sombreiro máxico e a túa galiña azul. Aquí deixamos algúns momentos desta tarde lectora en familia!! Grazas
Contacontos familiares 1 from CEIP de Randufe on Vimeo.
Contacontos familiares 1 from CEIP de Randufe on Vimeo.
venres, 20 de outubro de 2017
Contacontos familiares
Esta semana andamos a tope de celebracións!! A nosa biblioteca ben o merece, non sí?
Este xoves 26 ás 16:30, teremos un fabuloso contacontos a cargo de Cristina Fernández: A incrible bibliotecaria devoradora de libros. Engaiolaranos coas súas historias e a súa marabillosa forma de contar os contos. Encantaravos!!
Apuntádevos na biblioteca cantos ides vir. A duración aproximada será de unha hora. Animádevos e animade ás vosas familias!!
Vémonos!!

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)