E aquí temos o resultado do noso traballo de documentación sobre as árbores autóctonas. Traballamos en equipos cos compañeiros e compañeiras de todos os cursos. Foi unha experiencia moi enriquecedora!
Amosando publicacións coa etiqueta ardegalicia b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ardegalicia b>. Amosar todas as publicacións
luns, 26 de febreiro de 2018
luns, 22 de xaneiro de 2018
Aloumiña o monte, sementa paz...
Na biblioteca comezamos xaneiro coa celebración durante todo o trimestre de actividades dirixidas á respectar o noso monte, a nosa contorna, baixo o lema "Aloumiña o monte, sementa paz"
Estudaremos a persoa de Wangary Maathai, activista africana da que aprenderemos o respecto, a valentía, a solidariedade e moitos máis valores... Aaquí vos deixames unhas fotiños do noso recuncho.



Estudaremos a persoa de Wangary Maathai, activista africana da que aprenderemos o respecto, a valentía, a solidariedade e moitos máis valores... Aaquí vos deixames unhas fotiños do noso recuncho.
mércores, 13 de decembro de 2017
Cine na Biblio
A semana que vén, a nosa biblioteca convertirase nunha sala de cine. poderemos desfrutar do filme galego "O bosque animado" que recrea a vida dun bosque no que os animais se unen para loitar por unha causa común, salvar a fraga. Tras on incendios ocorridos recentementre, non podemos máis que repensar o que significa na nosa vida a natureza, e con esta película aprenderemos a valorar o noso fermoso bosque.
luns, 16 de outubro de 2017
Non máis lumes. Manuel María
Hoxe tristemente todos choramos pola nosa Terra. Dende o equipo de biblioteca, vos deixamos este poema que fai anos escribiu Manuel María e co que hoxe nos sentimos identificad@s. Aquí volo deixamos para que reflexionemos e pensemos... Non máis lumes!!
Cando o outono derrama xeneroso
![]() |
Cando o outono derrama xeneroso
o seu aceso ouro sobre as cousas
ou o verán ceiba os seus cabalos
tolos, desbocados e salvaxes,
xorde o incendio
con todo o seu imperio asoballante,
co seu galopar cego e cruel,
co seu bruído de mar e furacán
e o seu absurdo furor irracional.
E os rañaceos caen derrubados,
retórcense os ferros como cobras,
desplómanse as paredes
cun bruído de morte irremediábel.
Cando mans criminais queiman a fraga
e arden os vellos bosques sacros,
habitados aínda polos deuses,
algo, fondo e nobre, arde tamén:
un anaco de patria,
parte indivisíbel de nós mesmos.
Os animais morren abrasados
nos seus tobos de medo,
sacrificados parvamente
a unha crueldade inútil e inhumana.
As aves foxen asustadas
vertendo no ar os seus clamores.
O fume, mouro e mesto, sobe ao ceo
como unha bafarada de arrepío.
E as estrelas contemplas estantías
o colérico incendio destrutor,
ignorante e fermoso,
que avanza e retrocede
vestido de amarelo e de vermello.
Manuel María. Cecais hai unha luz
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


