En 1999 A UNESCO, proclamou o 21 de marzo, día mundial da poesía coincidindo co equinoccio de primavera e o día eliminación da discriminación racial.
Dende a biblioteca, queremos encher os corredores de poesía, por iso convidámosvos a participar neste novo certame. Animamos tamén ás familias que queiran, a entregar as súas producións poéticas, podedes entregalas en secretaría, expoñerémolas xunto as producións dos nenos e nenas. un saúdo!!
mércores, 14 de marzo de 2018
domingo, 4 de marzo de 2018
Rosalía: poetisa e muller (II)
Aquí vos deixamos un anaquiño do manifesto feminista que Rosalía con 20 anos, a piques de casar con Manuel Murguía, publica. Para ela, igual que para moitas mulleres, ser libre, escritora, nai e esposa non foi doado. Só con corenta e oito anos de vida, Rosalía dá a luz sete fillos, publica contos, artigos e dez obras en prosa e verso, algunhas consideradas obras mestras da literatura universal. Disto fai 150 anos, donde as mulleres nin podían votar, nin abrir unha conta corrente no banco, entre outras cousas. Pioneira galega sen dúbida, publica este manifesto feminista no que nos mostra como quere ser: Libre como a brisa..., coma o pirata no mar.Aquí vos deixamos este anaquiño para desfrutar do seu pensamento.
(…) xamais dominou na miña alma a esperanza da gloria. Nin soñei nunca con loureiros que oprimisen a miña fronte. Só cantos de independencia e liberdade ensaiaron os meus labios. Aínda que ao redor sentira, desde o berce xa, o ruído das cadeas que debían apreixarme para sempre, porque o patrimonio da muller son os grillóns da súa escravitude.
Eu, porén, son libre, libre coma os paxaros, coma as brisas: como as árbores no deserto e o pirata no mar.
Mulleres que cambiaron o mundo
Achégase o 8 de marzo, data importante para as mulleres de todo o mundo. Seguindo co tema de Rosalía poetisa e muller, afondamos na vida de outras mulleres que como ela, foron pioneiras en moitos ámbitos da sociedade e que axudaron a mellorar o noso mundo. Dámoslle visibilidade a esas mulleres, fortalecendo o espírito crítico dos nosos nenos e nenas, facéndolle ver que hasta fai ben pouco as mulleres non eran libres para facer o que querían e que a día de hoxe, aínda existen paises no que isto segue a suceder. Acercámoslle pois, historias de mulleres que cambiaron o mundo, o noso recuncho está cheíño exemplos de loita de mulleres xeniales, así como de libros que nos acercan á igualdade. Invitámos aos pais e nais a descubrir historias increíbles de mulleres que cambiaron o mundo.
Día da muller from CEIP de Randufe on Vimeo.
Día da muller from CEIP de Randufe on Vimeo.
venres, 2 de marzo de 2018
Traballando con Rosalía
Aquí vos deixamos o traballo que realizamos a semana pasada co gallo do día de Rosalía. Aprendemos unha morea de cousas e curiosisades da súa vida a través do recuncho de novas da biblioteca, donde ademáis había moitos libros de poesía que podiamos ollar durante os recreos. Aquí vos deixamos a escolma dos traballos que realizaron os nenos e nenas da nosa escola.
Día De Rosalía 2018 from CEIP de Randufe on Vimeo.
Día De Rosalía 2018 from CEIP de Randufe on Vimeo.
Etiquetas:
dinamización,
Galego,
LE,
Poesía,
Rosalía
luns, 26 de febreiro de 2018
Rosalía: muller e poetisa
E casi remata febreiro e comeza marzo. Para conmemorar o día da nosa poetisa máis querida, dende a biblioteca, preparamos no recuncho de novas, unha escolla de obras de Rosalía e unhas reseñas sobre a súa vida e algunhas curiosidades da súa apaixoante vida. Cada curso realizou actividades sobre a súa vida e a súa obra, caligramas, estudos de documentación sobre as súas viaxes, lecturas da súa poesía polas aulas... Todo o traballo recolleuse en diferentes exposicións polos corredores. En breve publicaremos unha presentación con todo o que traballamos.
A figura de Rosalía, usarémola para conmemorar tamén o día da mulller traballadora que se celebra o 8 de marzo. Parécenos interesante a visión rosaliana sobre o papel da muller na sociedade da súa época, que por desgraza, segue acontecendo case 200 anos despois.
Acompañarán a exposición de Rosalía, contos e biografías de mulleres que cambiaron o mundo. En breve expoñerémolas para a súa lectura e traballo de documentación dos nenos e nenas no recuncho de novas. Ate a proxima!!
A figura de Rosalía, usarémola para conmemorar tamén o día da mulller traballadora que se celebra o 8 de marzo. Parécenos interesante a visión rosaliana sobre o papel da muller na sociedade da súa época, que por desgraza, segue acontecendo case 200 anos despois.
Acompañarán a exposición de Rosalía, contos e biografías de mulleres que cambiaron o mundo. En breve expoñerémolas para a súa lectura e traballo de documentación dos nenos e nenas no recuncho de novas. Ate a proxima!!
Etiquetas:
dinamizacion,
Galego,
LE,
poesías,
Rosalía
Traballo de documentación e exposición árbores autóctonas
E aquí temos o resultado do noso traballo de documentación sobre as árbores autóctonas. Traballamos en equipos cos compañeiros e compañeiras de todos os cursos. Foi unha experiencia moi enriquecedora!
luns, 22 de xaneiro de 2018
Aloumiña o monte, sementa paz...
Na biblioteca comezamos xaneiro coa celebración durante todo o trimestre de actividades dirixidas á respectar o noso monte, a nosa contorna, baixo o lema "Aloumiña o monte, sementa paz"
Estudaremos a persoa de Wangary Maathai, activista africana da que aprenderemos o respecto, a valentía, a solidariedade e moitos máis valores... Aaquí vos deixames unhas fotiños do noso recuncho.



Estudaremos a persoa de Wangary Maathai, activista africana da que aprenderemos o respecto, a valentía, a solidariedade e moitos máis valores... Aaquí vos deixames unhas fotiños do noso recuncho.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



