Hoxe tivemos o inmenso pracer de contar con Cristina Fernández, quen desinteresadamente e co único propósito de que pasaramos unha tarde diferente, agasallounos coa súa particular e divertida forma de contar os contos. Pasamos unha tarde xenial e entretida coas nosas familias, as cales lle agradecemos a calurosa acollida desta nova andaina. Moitas grazas ás que nos acompañastes e moitas grazas a Cristina, xa estamos desexando terte outra vez na biblioteca, co teu sombreiro máxico e a túa galiña azul. Aquí deixamos algúns momentos desta tarde lectora en familia!! Grazas
Contacontos familiares 1 from CEIP de Randufe on Vimeo.
xoves, 26 de outubro de 2017
mércores, 25 de outubro de 2017
Certame de poesía: Polo Samaín poesía sen fin
Na nosa biblioteca traballase arreo para que non vos esquezades da importancia que teñen nas nosas vidas os libros. Esta semaana propoñemos un certame de poesía co fín de experimentar e crear. A modo de talleres, cada clase elaborará as súas poesías. Aquí vos deixamos o cartaz.
martes, 24 de outubro de 2017
Lemos en familia??
Aquí deixamos o folleto que vos enviamos hoxe. Esperamos que lle quitedes moito proveito. Animade a outros pais e nais a lelo e coñecer os beneficios da lectura!!
A biblioteca, o lugar donde aprender a pensar
A biblioteca, o lugar donde aprender a pensar é o lema deste ano para as
bibliotecas escolares. É parte fundamental do noso día a día na escola,
que o noso alumnado aprenda a pensar, dunha maneira autónoma, reflexiva, crítica,
e unha das chaves para acadalo é lendo. A nosa biblioteca abre as
portas para que isto sexa posible día a día. Deixámosvos unha
presentación que se elaborou dende o equipo de biblioteca para os noso alumnado, para motivar
esta celebración tan importante das nosas bibliotecas.
luns, 23 de outubro de 2017
Mochilas viaxeiras
Hoxe por fin resolvemos o misterio, Chisco, o noso rato de biblioteca tiña unha gran sorpresa para todos e todas... Unhas chulísimas mochilas que viaxarán as nosas casas cargadiñas de saber: contos, libros de consulta, música, un libro para papá e mamá, banda deseñada e máis recursos cos que sen dúbida compartiremos momentos en familia arredor da lectura.
Mirade que cara de alegría levabamos!!!!





Mirade que cara de alegría levabamos!!!!
venres, 20 de outubro de 2017
Contacontos familiares
Esta semana andamos a tope de celebracións!! A nosa biblioteca ben o merece, non sí?
Este xoves 26 ás 16:30, teremos un fabuloso contacontos a cargo de Cristina Fernández: A incrible bibliotecaria devoradora de libros. Engaiolaranos coas súas historias e a súa marabillosa forma de contar os contos. Encantaravos!!
Apuntádevos na biblioteca cantos ides vir. A duración aproximada será de unha hora. Animádevos e animade ás vosas familias!!
Vémonos!!
Este xoves 26 ás 16:30, teremos un fabuloso contacontos a cargo de Cristina Fernández: A incrible bibliotecaria devoradora de libros. Engaiolaranos coas súas historias e a súa marabillosa forma de contar os contos. Encantaravos!!
Apuntádevos na biblioteca cantos ides vir. A duración aproximada será de unha hora. Animádevos e animade ás vosas familias!!
Vémonos!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
