luns, 16 de outubro de 2017

Non máis lumes. Manuel María

Hoxe tristemente todos choramos pola nosa Terra. Dende o equipo de biblioteca, vos deixamos este poema que fai anos escribiu Manuel María e co que hoxe nos sentimos identificad@s. Aquí volo deixamos para que reflexionemos e pensemos... Non máis lumes!!


Cando o outono derrama xeneroso
o seu aceso ouro sobre as cousas
ou o verán ceiba os seus cabalos
tolos, desbocados e salvaxes,
xorde o incendio
con todo o seu imperio asoballante,
co seu galopar cego e cruel,
co seu bruído de mar e furacán
e o seu absurdo furor irracional.
E os rañaceos caen derrubados,
retórcense os ferros como cobras,
desplómanse as paredes
cun bruído de morte irremediábel.
Cando mans criminais queiman a fraga
e arden os vellos bosques sacros,
habitados aínda polos deuses,
algo, fondo e nobre, arde tamén:
un anaco de patria,
parte indivisíbel de nós mesmos.
Os animais morren abrasados
nos seus tobos de medo,
sacrificados parvamente
a unha crueldade inútil e inhumana.
As aves foxen asustadas
vertendo no ar os seus clamores.
O fume, mouro e mesto, sobe ao ceo
como unha bafarada de arrepío.
E as estrelas contemplas estantías
o colérico incendio destrutor,
ignorante e fermoso, que avanza e retrocede
vestido de amarelo e de vermello.



Manuel María. Cecais hai unha luz


xoves, 5 de outubro de 2017

Debuxos molóns!!!

Esta semana podemos admirar no noso recuncho de novas, as marabillosas ilustracións coas que Anxo Fariña acompañou as súas fantásticas historias... Está xenial ollar tan pretiño os seus debuxos. Grazas Anxo pola túa creatividade!!!




mércores, 4 de outubro de 2017

Anxo Fariña. Educación Infantil....

Aquí vos deixamos unha pequena recopilación da xornada na que recibimos a Anxo Fariña...Os nenos/as de 5 anos despois de investigar e coñecer moitas cousiñas e traballos deste autor, estabamos ansiosos /as por  que chegara o día...O pasamos xenial e despois na aula fixemos algunhas actividades divertidas...Moitas grazas Anxo!!! Volve cando queiras.....

mércores, 27 de setembro de 2017

O noso convidado: Anxo Fariña

Sí nenos e nenas!! Está semana na biblioteca Anxo Fariña!!!
Que Ben o imos pasar cosa súas historias e os seus debuxos en directo...
Encántame ver cómo traballades para coñecelo un pouco mellor!! Mañá agárdovos na biblioteca!!!
Biquiños de Chisco :)








luns, 25 de setembro de 2017

Novo recuncho de novas da nosa biblioteca!!

Ola nenos e nenas!
 Dende hoxe inaguramos un novo recuncho situado na entrada do cole para que día a día vos enteredes do que vai pasando da nosa biblioteca. Esta semana temos unha visita especial. Alguén se lembra del?? Xa nos contou historias sorprendentes cheíñas de debuxos... Mañá máis pistas, non te esquezas de botar un ollo para estar enterad@!!


domingo, 17 de setembro de 2017

Benvidos/as a un novo curso na Xanela de Chisco!

Benvidos/as a todas!!!! Comeza unha nova andaina na Nosa estupenda biblioteca, para ir abrindo boca nada mellor que unha xornada musical a cargo do grupo Xuntanza de Randufe que encheu de folcklore e cultura da Nosa Terra a miña xanela....Alá ímos!!!!



mércores, 5 de xullo de 2017

LECTURAS COMPARTIDAS NO ALTO DO COELLO

O ÚLTIMO DÍA DE CLASE FIXEMOS UNHA CAMIÑATA ATA O ALTO DO COELLO PARA DISFRUTAR DO AIRE LIBRE E PASALO BEN CON ALGUNHAS ACTIVIDADES QUE ORGANIZAMOS....PARA COMEZAR, E POÑER O PUNTO E FINAL, ÁS ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA, OS NENOS/AS MAIS MAIORES CONTARON CONTOS ÓS MAIS PEQUENOS/AS...PREVIAMENTE FIXERON UN TRABALLO DE ESCOLLIDA DE CONTOS, PREPARACIÓN  DA LECTURA,ETC.... FOI XENIAL!!!! AHÍ DEIXAMOS UNHAS FOTIÑOS....