mércores, 10 de abril de 2019
PROGRAMA ADA
Como xa sabedes, a nosa escola está a participar no programa "DONAS DE SÍ", da Secretaría Xeral de Igualdade en colaboración co Instituto da Muller para a Igualdade de Oportunidades (IMIO).
Nesta ocasión, o alumnado de 6º participou nun taller educativo do "PROGRAMA ADA" que promove a formación en tecnoloxías nas escolas. Intentan promover o interese das nenas e xoves nas ramas tecnolóxicas de estudo.
Partindo da vida da matemática e informática Ada Byron, montaron e desmontaron un ordenador, coñeceron como funcionan as impresoras 3D e fixeron un animal, primeiro en papel, que despois montaron. Ao acercalo a unha tablet, esta lía o seu código e o animal podía moverse.
FOI IMPRESIONANTE!!!!
Ademais da monitora, recibimos a visita dunha enxeñeira da zona, que nos ensinou todo isto.
Se queredes coñecer un pouco máis sobre mulleres e ciencia e tecnoloxía, na biblioteca do cole temos bastantes libros. Aquí vos queda algún exemplo.
RECIBIMOS AO ALUMNADO DO CENTRO SAN XEROME EMILIANI
Seguindo coas visitas, tamén recibimos ao alumnado do centro San Xerome Emiliani (A Garda).
Son rapaces e rapazas con capacidades diferentes que estiveron connosco para contarnos como traballan no seu centro, como é o seu día a día e tódalas cousas que fan.
FOI UN PRACER COMPARTIR
ESES MOMENTOS CON ELES.
E como non podía ser doutro xeito, comezamos cunha deliciosa merendola.
🍩 🍪 🍞
martes, 9 de abril de 2019
OS BOLECHAS VISITAN RANDUFE
Siiiiiiiiiiiiii. Lestes ben. Os Bolechas viñeron visitarnos. Nada máis e nada menos que Ecololi. Veu para promover o tratamento e reciclaxe dos "RAEE". Non é ningunha palabrota: son as siglas de "Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos".
Ensinounos que é un raee, como identificalos e onde entregalos. Pasámolo moi, moi ben.
É MOI IMPORTANTE QUE TODOS E TODAS NOS
IMPLIQUEMOS PARA COIDAR O MEDIO
AMBIENTE.
| 💚 |
1.- Merca só os aparellos que precises.
2.- Intenta arranxalos cando se estraguen.
3.- Cóidaos para que duren máis.
4.- Cando xa non sirvan, lévaos a un punto de reciclaxe.
Se queredes máis información podedes atopala na nosa biblioteca.
💚
venres, 15 de marzo de 2019
DÍA DE ROSALÍA
Hai uns días celebramos o "Día de Rosalía". Ademais de ler e traballar poemas de Rosalía de Castro, tamén ilustramos algúns deles. Estes son os resultados.
martes, 12 de marzo de 2019
DONAS DE SÍ
Este ano, o CEIP de Randufe, participa no programa "DONAS DE SÍ", dentro do Plan Proxecta. Por este motivo tivemos a sorte de contar coa exposición de fotos "Premios Mª Josefa Wonenburger", da Secretaría Xeral de Igualdade, na nosa escola.Estes premios fan un recoñecemento as mulleres científicas de Galicia e que abriron camiños a moitas outras. Estas mulleres fixeron importantes contribucións á ciencia e á tecnoloxía.
Despois de ver as fotos fixemos diferentes actividades para coñecer un pouco máis a estas científicas e facerlles saber ás nosas nenas que elas tamén poden chegar a estes campos e conseguir unha sociedade máis igualitaria.
A VER SE VOS ANIMADES!
Despois de ver as fotos fixemos diferentes actividades para coñecer un pouco máis a estas científicas e facerlles saber ás nosas nenas que elas tamén poden chegar a estes campos e conseguir unha sociedade máis igualitaria.
A VER SE VOS ANIMADES!
martes, 22 de xaneiro de 2019
Novidades na biblioteca
Esta semana estamos cargadiñ@s de novidades na biblioteca!! Invitámosvos a botar un ollo e desfrutar destas novas adquisicións que seguro vos encantan!!
Aquí vos deixamos unhas fotiños para ir facéndovos ganas.
💓💗💗💗💗💗💗
Aquí vos deixamos unhas fotiños para ir facéndovos ganas.
💓💗💗💗💗💗💗
Empezamos co voluntariado!!
Aquí vos presentamos ao voluntariado lector do CEIP de Randufe. Xa estamos traballando arreo para sumarnos á iniciativa "Ler fóra do centro" lanzada por Bibliotecas escolares de Galicia e na que nós participamos.
Estas actividades de lectura, que
deseñamos entre o alumnado voluntario e o profesorado implicado (contacontos, teatriños...) pretenden favorecer a formación de actitudes de
colaboración e de solidariedade, e educar
as actitudes de coidado co máis vulnerable, de respecto polo outro, de
acompañamento, ademais de ser unha función familiar, tamén é un obxectivo da
escola, espertar o interese por
participar en accións de creación colectiva, de experiencia compartida na
construción da sociedade, de defensa dos dereitos e de exercicio dos deberes
democráticos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)































