martes, 9 de abril de 2019

OS BOLECHAS VISITAN RANDUFE

       
        

    


 Siiiiiiiiiiiiii. Lestes ben. Os Bolechas viñeron visitarnos. Nada máis e nada menos que Ecololi. Veu para promover o tratamento e reciclaxe dos "RAEE". Non é ningunha palabrota: son as siglas de "Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos".
     Ensinounos que é un raee, como identificalos e onde entregalos. Pasámolo moi, moi ben.





É MOI IMPORTANTE QUE TODOS E TODAS  NOS
 IMPLIQUEMOS PARA COIDAR O MEDIO 
AMBIENTE.

💚

                           💚
       
 A ver se nos axudades seguindo estes pasos:


1.- Merca só os aparellos que precises.
2.- Intenta arranxalos cando se estraguen.
3.- Cóidaos para que duren máis.
4.- Cando xa non sirvan, lévaos a un punto de reciclaxe.

Se queredes máis información podedes atopala na nosa biblioteca.

💚




venres, 15 de marzo de 2019

DÍA DE ROSALÍA

           Hai uns días celebramos o "Día de Rosalía". Ademais de ler e traballar poemas de Rosalía de Castro, tamén ilustramos algúns deles. Estes son os resultados.






 

martes, 12 de marzo de 2019

DONAS DE SÍ

       Este ano, o CEIP de Randufe, participa no programa "DONAS DE SÍ", dentro do Plan Proxecta. Por este motivo tivemos a sorte de contar coa exposición de fotos "Premios Mª Josefa Wonenburger", da Secretaría Xeral de Igualdade, na nosa escola.Estes premios fan un recoñecemento as mulleres científicas de Galicia e que abriron camiños a moitas outras. Estas mulleres fixeron importantes contribucións á ciencia e á tecnoloxía.
      Despois de ver as fotos fixemos diferentes actividades para coñecer un pouco máis a estas científicas e facerlles saber ás nosas nenas que elas tamén poden chegar a estes campos e conseguir unha sociedade máis igualitaria. 
             A VER SE VOS ANIMADES!












martes, 22 de xaneiro de 2019

Novidades na biblioteca

Esta semana estamos cargadiñ@s de novidades na biblioteca!! Invitámosvos a botar un ollo e desfrutar destas novas adquisicións que seguro vos encantan!!
Aquí vos deixamos unhas fotiños para ir facéndovos ganas.


💓💗💗💗💗💗💗

Empezamos co voluntariado!!

Aquí vos presentamos ao voluntariado lector do CEIP de Randufe. Xa estamos traballando arreo para sumarnos á iniciativa "Ler fóra do centro" lanzada por Bibliotecas escolares de Galicia e na que nós participamos. 
Estas actividades de lectura, que deseñamos entre o alumnado voluntario e o profesorado implicado (contacontos, teatriños...)  pretenden favorecer a formación de actitudes de colaboración e de solidariedade,   e  educar as actitudes de coidado co máis vulnerable, de respecto polo outro, de acompañamento, ademais de ser unha función familiar, tamén é un obxectivo da escola,  espertar o interese por participar en accións de creación colectiva, de experiencia compartida na construción da sociedade, de defensa dos dereitos e de exercicio dos deberes democráticos.



















mércores, 19 de decembro de 2018

Andoriña Nº 68



A revista do colexio xa esta no kiosco virtua dos nosos blogues.
.Podedes ver as cousiñas tan interesantes que fixemos durante este trimestre, premendo no enlace.
https://issuu.com/ceip_randufe/docs/andori_a_68




Todo preparado para o bibliocine de Nadal

E chegando estas datas, a nosa biblioteca transfórmase nun cine donde divertirnos.
 Chisco xa nos puxo as probas para conseguir os eurochiscos para mercar as entradas e os flocos de millo, todos os nenos e nenas andamos na búsqueda de pistas e solucións de acertixos que temos que atopar nos contos do Apalpador. Que ganas de que chegue o día!!!