mércores, 7 de xuño de 2017

O gran Cambio da nosa Biblioteca!!!!


Este ano, a nosa Biblioteca parece outra.... Como xa sabedes, o curso pasado presentámonos ó Plan de Mellora de Bibliotecas...presentamos un proxecto coas liñas prioritarias de actuación na nosa Biblioteca de cara o vindeiro curso, fomos seleccionados entre uns 30 colexios de toda Galicia, públicos e concertados... o entrar neste Plan, o colexio obten unha cantidade de cartos para gastos de equipamentos, mobiliario, fondos bibliográficos,etc.....Despois de asistir a unhas xornadas de formación pensamos en darlle un impulso a este espazo, un impulso que convertira a nosa Biblioteca nun gran centro de Recursos multifuncional, versátil, dinamizador, un espazo que potencie o aprendizaxe, a investigación, o gusto pola lectura.....así que o Equipo de Biblioteca, coa axuda dos nenos/as voluntarios, e algúns mestres do Claustro comezamos a traballar para facer o que agora temos e vos mostramos nesta entrada....

Entendemos que a Biblioteca debe ser cómoda, espaciosa, que favoreza a autonomía dos alumnos/as, con diferentes recunchos,e que esté aberta e presente na rutina diaria; a única maneira de poder facer esto foi reutilizar para este cometido outra aula, e outros recantos da escola. No  proceso de mudanza e posta a punto, tivemos que baleirar, mover mobles, pintar, poñer tarima, ordear libros, etc....foi un gran esforzo do que, sen dúbida  estamos moi contentos/as, xa que agora si que si....a Biblioteca vai vento en popa!!!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario