1.- O LIBRO: que nos acompaña máis que
nunca, nos illa, emancipa, libera, atrapa, sacude, remove, pon os pés na terra e
permite viaxar.
2.- OS AUTORES E AS AUTORAS: traballadores
e traballadoras que nos agasallan con momentos de liberdade absolutos. Non
permitamos que as súas creacións perdan valor nunha liquidación dixital.
3.- AS LIBRARÍAS: espazos máxicos e
misteriosos nos que volveremos a perdernos, que nos acollen, aconsellan e
sorprenden. Que coñecen as nosas necesidades, as do noso alumnado e bibliotecas…
Máis que
nunca precisamos saber onde estamos e cara onde imos…
Máis que
nunca precisamos da lectura, dunha lectura crítica que nos axude a comprender…
(de Bibliotecas Escolares de Galicia)
📖 📕 📖 📗 📖 📘 📖 📙 📖 📚 📖
Para celebrar este día, a profe Diana agasallounos con este conto: "Un conto de contos". A ver se alguén se anima a facer
un cos contos que ten na casa e nolo envía.
Sería xenial!
Como en moitas ocasións, literatura e música van unidas. Hoxe comezamos coa primeira, dunha selección de cancións, inspiradas en obras e libros moi coñecidos por todos vós. Trátase do poema titulado "O arco da vella", da obra de MANUEL MARÍA, Os soños na gaiola.
📚📘 DESFRUTADE DELA! 🎧🎶
Ningún comentario:
Publicar un comentario