xoves, 24 de outubro de 2019

CELEBRANDO O SAMAÍN

Chega o momento do Samaín. No CEIP de Randufe celebrarémolo dun modo especial na nosa Biblioteca. Se che gusta sentir emocións, achégate por alí a vindeira semana. Leremos "contos de medo" con lanternas, nun ambiente misterioooooso... Uuuuuh!

Ademáis non deixes de participar no Certame de "Historias terroríficas en formato teatro". Podes facelo individualmente ou en equipo. Tes de prazo ata o 4 de novembro. Anímate!!

martes, 22 de outubro de 2019

Inauguración Biblioteca

Un ano máis achégase o 24 de outubro, día das Bibliotecas. Por suposto, en Randufe faremos unha cerimonia de inauguración.
Chisco e os Chiscoaxudantes espéranvos impacientes!



domingo, 13 de outubro de 2019

BANDA DESEÑADA

Para comezar o curso, dende a Biblioteca,  Chisco achéganos libros suuuuuper interesantes e divertidos sobre Banda Deseñada!Non deixes de pasar polo recuncho da entrada do colexio e poderás gozar coa lectura de cómics de Mafalda, Wally, , Tadeo Jones e outr@s personaxes.