mércores, 17 de abril de 2019

VISITA DA ESCRITORA IRIA MISA

Ola, somos: Pablo, Anaïs, Laura, Alejandro e Martín. Onte, 16 de abril de 2019,viu unha escritora ao noso colexio chamada Iria Misa, que, a vez, é profesora do instituto I.E.S San Paio de Tui.
Iria Misa contounos cousas sobre o libro que escribiu que se chama "Mamá, quero ser Ziggy Stardust" que xa limos no cole.
Os rapaces e rapazas de 5º e 6º de Primaria. Pasámolo moi ben con ela. Ademais tamén nos firmou a todos uns folletos.
Foi unha experiencia moi bonita.
                                                            Grazas Iria Misa!




















luns, 15 de abril de 2019

APADRIÑAMENTO/AMADRIÑAMENTO LECTOR

        A primavera xa chegou!!!???🌸  🌷  🌻 E con ela tamén chega o noso 

"apadriñamento/amadriñamento lector".       📒   📔  📕  📙   📘  📗

    


        Tódolos venres, na hora da

 lectura, o alumnado de 3º, 4º, 5º

 e 6º de E Primaria lenlle aos de 

E. Infantil, 1º e 2º de E. Primaria.



  
Empezamos con esta actividade o 

curso pasado e a verdade é que resulta

moi gratificante.

      Aquí deixamos unha pequena 

mostra dunha das nosas "contadoras".








    

mércores, 10 de abril de 2019

PROGRAMA ADA

     

         Como xa sabedes, a nosa escola está a participar no programa "DONAS DE SÍ", da Secretaría Xeral de Igualdade en colaboración co Instituto da Muller para a Igualdade de Oportunidades (IMIO).






            Nesta ocasión, o alumnado de 6º participou nun taller educativo do "PROGRAMA ADA" que promove a formación en tecnoloxías nas escolas. Intentan promover o interese das nenas e xoves nas ramas tecnolóxicas de estudo.





         Partindo da vida da matemática e informática Ada Byron, montaron e desmontaron un ordenador, coñeceron como funcionan as impresoras 3D e fixeron un animal, primeiro en papel, que despois montaron. Ao acercalo a unha tablet, esta lía o seu código e o animal podía moverse.



                  FOI IMPRESIONANTE!!!!
  
       Ademais da monitora, recibimos a visita dunha enxeñeira da zona, que nos ensinou todo isto.

       Se queredes coñecer un pouco máis sobre mulleres e ciencia e tecnoloxía, na biblioteca do cole temos bastantes libros. Aquí vos queda algún exemplo.

RECIBIMOS AO ALUMNADO DO CENTRO SAN XEROME EMILIANI


        




          Seguindo coas visitas, tamén recibimos ao alumnado do centro San Xerome Emiliani (A Garda).
Son rapaces e rapazas con capacidades diferentes que estiveron connosco para contarnos como traballan no seu centro, como é o seu día a día e tódalas cousas que fan.





 FOI UN PRACER COMPARTIR 

ESES MOMENTOS CON ELES.





          E como non podía ser doutro xeito, comezamos cunha deliciosa merendola.

      🍩    🍪         🍞












martes, 9 de abril de 2019

OS BOLECHAS VISITAN RANDUFE

       
        

    


 Siiiiiiiiiiiiii. Lestes ben. Os Bolechas viñeron visitarnos. Nada máis e nada menos que Ecololi. Veu para promover o tratamento e reciclaxe dos "RAEE". Non é ningunha palabrota: son as siglas de "Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos".
     Ensinounos que é un raee, como identificalos e onde entregalos. Pasámolo moi, moi ben.





É MOI IMPORTANTE QUE TODOS E TODAS  NOS
 IMPLIQUEMOS PARA COIDAR O MEDIO 
AMBIENTE.

💚

                           💚
       
 A ver se nos axudades seguindo estes pasos:


1.- Merca só os aparellos que precises.
2.- Intenta arranxalos cando se estraguen.
3.- Cóidaos para que duren máis.
4.- Cando xa non sirvan, lévaos a un punto de reciclaxe.

Se queredes máis información podedes atopala na nosa biblioteca.

💚