xoves, 21 de decembro de 2017

Guía de lectura. Nadal 2017

Este ano, dende o equipo da biblioteca, editamos este folleto de recomendacións para este Nadal. Tedes ideas para pedirlle ao Apalpador ou aos Reis Magos, un libro é un bo desexo sempre!!
O equipo de Biblioteca deséxavos unhas felices festas!!!

mércores, 20 de decembro de 2017

Chisco deséxavos...

Chisco deséxavos un bo nadal, cargadiño de bos momentos; e se son momentos lectores e en familia... Moito mellor!! Saúdos chisqueiros!!



Cine polo Nadal

E por fín chegou o día de desfrutar todos e todas xunt@s dun día de cine!! Próximamente máis estreas en Multicines Randufe!!

Cine polo nadal from CEIP de Randufe on Vimeo.

E seguimos montando o apalpador!!

O alumnado do colexio anda como toliño na búsqueda de pezas para conseguir os eurochiscos e así poderen ir ao cine e mercar os flocos de millo. Aquí vos deixamos outra búsqueda exitosa con recompensa!!!


Montando ao Apalpador from CEIP de Randufe on Vimeo.

martes, 19 de decembro de 2017

Montando ó Apalpador

A semana pasada os nenos e nenas de 5 anos estivemos na Biblio buscando as pezas dun puzzle do Apalpador...Primeiro coñecimos a súa historia e despois entre todos/as fixemos a búsqueda e montamos o puzzle.... foi un gran traballo en Equipo e por íso gañamos uns "eurochiscos" para mercar unha entrada de cine e uns flocos de millo...Xa temos a peli asegurada!!!! O Bosque Animado espéranos este Mércores 20...

mércores, 13 de decembro de 2017

Contacontos Bulideira

Hoxe desfrutamos na nosa biblioteca dunha estupenda sesión de contacontos á cargo de Bulideira, que nos deleitaron con lendas tradicionais cargadas de historia, monicreques e música. Grazas á ANPA do colexio por colaborar na nosa tarefa de facer que  nenos e nenas e as súas familias, desfruten da nosa biblioteca e como non coa  ledicia de escoitar  un conto. Ate a próxima!!

Bulideira: "Lendas de aquí e acolá" from CEIP de Randufe on Vimeo.

Cine na Biblio

A semana que vén, a nosa biblioteca convertirase nunha sala de cine. poderemos desfrutar do filme galego "O bosque animado" que recrea a vida dun bosque no que os animais se unen para loitar por unha causa común, salvar a fraga. Tras on incendios ocorridos recentementre, non podemos máis que repensar o que significa na nosa vida a natureza, e con esta película aprenderemos a valorar o noso fermoso bosque.






Montando o Apalpador

Queridos nenos e nenas, Chisco invítavos a participar no novo concurso arredor do noso queridiño Apalpador, que xa sabedes que cada Nadal vén apalpar as nosas barriguiñas dende o mesmísimo Courel. Aquí vos deixamos o cartaz que xa podedes ver tamén polos corredores. Saúdos!!!

martes, 12 de decembro de 2017

Novidades recén chegadas!!

Aquí vos deixamos un adianto das novidades que van chegando á biblioteca e coas que agardamos pasedes un ratiños lectores agradables!!
Xa na sección de novidades!!
Para @s máis pechech@s

Incribles historias para lector@s ávidos de aventuras!!

A nosa revista favorita en galego

Contacontos Bulideira

Mañá mércores e grazas a ANPA do CEIP de Randufe, temos na nosa biblioteca unha nova sesión de contacontos a cargo da Contacontos Bulideira. Nesta ocasión non é necesario que te apuntes, ven acompañad@ de quen queiras e desfruta da maxia das: " Lendas de aquí e acolá". Vémonos na Bilioteca!!!

luns, 27 de novembro de 2017

A biblioteca: espazo libre de violencias machistas


Dende a biblioteca do CEIP de Randufe, reivindicamos a igualdade e o noso completo rexeitamento á violencia contra as mulleres, non só o 25 de novembro senon durante todos os días do ano. Consideramos que facer nenos e nenas reflexivos e crític@s perante esta realidade axudará que nun futuro esta lacra desapareza. Valores como o respecto, amizade, igualdade tamén se aprenden e interiorizan lendo, sen dúbida, na nosa biblioteca, tamén traballamos para isto.




luns, 13 de novembro de 2017

Semana AMI

Esta semana celébrase a Semana da Alfabetización Mediatica e Informacional (AMI), a proposta da UNESCO, e que se traballa a través da nosa biblioteca escolar. Celebramos a proposta do IES DE PORTO DO SON arredor dos diccionarios. Deixámosvos a súa proposta para usar e coñecer os diccionarios de maneira eficaz.


xoves, 26 de outubro de 2017

E por fín, contacontos familiares!!

Hoxe tivemos o inmenso pracer de contar con Cristina Fernández, quen desinteresadamente e co único propósito de que pasaramos unha tarde diferente, agasallounos coa súa particular e divertida forma de contar os contos. Pasamos unha tarde xenial e entretida coas nosas familias, as cales lle agradecemos a calurosa acollida desta nova andaina. Moitas grazas ás que nos acompañastes e moitas grazas a Cristina, xa estamos desexando terte outra vez na biblioteca, co teu sombreiro máxico e a túa galiña azul. Aquí deixamos algúns momentos desta tarde lectora en familia!! Grazas
Contacontos familiares 1 from CEIP de Randufe on Vimeo.

Novas no recuncho

Recuncho Novas from CEIP de Randufe on Vimeo.

mércores, 25 de outubro de 2017

Certame de poesía: Polo Samaín poesía sen fin

Na nosa biblioteca traballase arreo para que non vos esquezades da importancia que teñen nas nosas vidas os libros. Esta semaana propoñemos un certame de poesía co fín de experimentar e crear. A modo de talleres, cada clase elaborará as súas poesías. Aquí vos deixamos o cartaz.

martes, 24 de outubro de 2017

Lemos en familia??

Aquí deixamos o folleto que vos enviamos hoxe. Esperamos que lle quitedes moito proveito. Animade a outros pais e nais a lelo e coñecer os beneficios da lectura!!

A biblioteca, o lugar donde aprender a pensar

A biblioteca, o lugar donde aprender a pensar é o lema deste ano para as bibliotecas escolares. É parte fundamental do noso día a día na escola, que o noso alumnado aprenda a pensar, dunha maneira autónoma, reflexiva, crítica, e unha das chaves para acadalo é lendo. A nosa biblioteca abre as portas para que isto sexa posible día a día. Deixámosvos unha presentación que se elaborou dende o equipo de biblioteca para os noso alumnado, para motivar esta celebración tan importante das nosas bibliotecas.


luns, 23 de outubro de 2017

Mochilas viaxeiras

Hoxe por fin resolvemos o misterio, Chisco, o noso rato de biblioteca tiña unha gran sorpresa para todos e todas... Unhas chulísimas mochilas que viaxarán as nosas casas cargadiñas de saber: contos, libros de consulta, música, un libro para papá e mamá, banda deseñada e máis recursos cos que sen dúbida compartiremos momentos en familia arredor da lectura.
 Mirade que cara de alegría levabamos!!!!










venres, 20 de outubro de 2017

Contacontos familiares

Esta semana andamos a tope de celebracións!! A nosa biblioteca ben o merece, non sí?
Este xoves 26 ás 16:30, teremos un fabuloso contacontos a cargo de Cristina Fernández: A incrible bibliotecaria devoradora de libros. Engaiolaranos coas súas historias e a súa marabillosa forma de contar os contos. Encantaravos!!
Apuntádevos na biblioteca cantos ides vir. A duración aproximada será de unha hora. Animádevos e animade ás vosas familias!!
Vémonos!!


Máis sobre o día da biblioteca escolar

O luns coñezamos coas celebracións do día das bibliotecas escolares. Para o luns temos previsto que todos e todas visitedes por quendas a biblioteca, alí descubriremos xunt@s o que agocha esa caixa misteriosa...
E sabedes? Un conto sobre un león que visita unha biblioteca vai sorprendervos, un león diferente aos que coñecemos, é obediente, silencioso e sempre puntual. Contarémosvos esta historia que nos vai recordar algunhas cousiñas...
Deixámosvos tamén o cartel promocional do Día  das bibliotecas escolares, ilustrado por Xosé Tomás, o mesmiño co que pintamos o noso estupendo mural de Rosalía na entrada do colexio. Ata o luns!!


xoves, 19 de outubro de 2017

Día das bibliotecas+ Caixa misteriosa

O próximo luns 23 de outubro, celebramos o Día das Bibliotecas, dándolle ao día a importancia que merece, facendo actividades con vós para que entre todos e todas construamos unha biblioteca na que facer descubertas xunt@s e deixar que sexa unha colección de libros ordeados, a ser un espazo no que descubrir, explorar, curiosear, imaxinar e por suposto ler.
Para empezar esta andaina temos novas que nos axudarán a desfrutar da lectura e todos os materiais que temos na nosa fantástica biblioteca, e como novidade acompañaranvos as vosas familias.  Onte chegou unha caixa cheiña de 11 cousiñas... Que serán?? Deixámosvos a foto para que fagades un exercicio detectivesco!! O luns descubriremos o segredo que agocha esa caixa misteriosa.

luns, 16 de outubro de 2017

Non máis lumes. Manuel María

Hoxe tristemente todos choramos pola nosa Terra. Dende o equipo de biblioteca, vos deixamos este poema que fai anos escribiu Manuel María e co que hoxe nos sentimos identificad@s. Aquí volo deixamos para que reflexionemos e pensemos... Non máis lumes!!


Cando o outono derrama xeneroso
o seu aceso ouro sobre as cousas
ou o verán ceiba os seus cabalos
tolos, desbocados e salvaxes,
xorde o incendio
con todo o seu imperio asoballante,
co seu galopar cego e cruel,
co seu bruído de mar e furacán
e o seu absurdo furor irracional.
E os rañaceos caen derrubados,
retórcense os ferros como cobras,
desplómanse as paredes
cun bruído de morte irremediábel.
Cando mans criminais queiman a fraga
e arden os vellos bosques sacros,
habitados aínda polos deuses,
algo, fondo e nobre, arde tamén:
un anaco de patria,
parte indivisíbel de nós mesmos.
Os animais morren abrasados
nos seus tobos de medo,
sacrificados parvamente
a unha crueldade inútil e inhumana.
As aves foxen asustadas
vertendo no ar os seus clamores.
O fume, mouro e mesto, sobe ao ceo
como unha bafarada de arrepío.
E as estrelas contemplas estantías
o colérico incendio destrutor,
ignorante e fermoso, que avanza e retrocede
vestido de amarelo e de vermello.



Manuel María. Cecais hai unha luz


xoves, 5 de outubro de 2017

Debuxos molóns!!!

Esta semana podemos admirar no noso recuncho de novas, as marabillosas ilustracións coas que Anxo Fariña acompañou as súas fantásticas historias... Está xenial ollar tan pretiño os seus debuxos. Grazas Anxo pola túa creatividade!!!




mércores, 4 de outubro de 2017

Anxo Fariña. Educación Infantil....

Aquí vos deixamos unha pequena recopilación da xornada na que recibimos a Anxo Fariña...Os nenos/as de 5 anos despois de investigar e coñecer moitas cousiñas e traballos deste autor, estabamos ansiosos /as por  que chegara o día...O pasamos xenial e despois na aula fixemos algunhas actividades divertidas...Moitas grazas Anxo!!! Volve cando queiras.....

mércores, 27 de setembro de 2017

O noso convidado: Anxo Fariña

Sí nenos e nenas!! Está semana na biblioteca Anxo Fariña!!!
Que Ben o imos pasar cosa súas historias e os seus debuxos en directo...
Encántame ver cómo traballades para coñecelo un pouco mellor!! Mañá agárdovos na biblioteca!!!
Biquiños de Chisco :)








luns, 25 de setembro de 2017

Novo recuncho de novas da nosa biblioteca!!

Ola nenos e nenas!
 Dende hoxe inaguramos un novo recuncho situado na entrada do cole para que día a día vos enteredes do que vai pasando da nosa biblioteca. Esta semana temos unha visita especial. Alguén se lembra del?? Xa nos contou historias sorprendentes cheíñas de debuxos... Mañá máis pistas, non te esquezas de botar un ollo para estar enterad@!!


domingo, 17 de setembro de 2017

Benvidos/as a un novo curso na Xanela de Chisco!

Benvidos/as a todas!!!! Comeza unha nova andaina na Nosa estupenda biblioteca, para ir abrindo boca nada mellor que unha xornada musical a cargo do grupo Xuntanza de Randufe que encheu de folcklore e cultura da Nosa Terra a miña xanela....Alá ímos!!!!



mércores, 5 de xullo de 2017

LECTURAS COMPARTIDAS NO ALTO DO COELLO

O ÚLTIMO DÍA DE CLASE FIXEMOS UNHA CAMIÑATA ATA O ALTO DO COELLO PARA DISFRUTAR DO AIRE LIBRE E PASALO BEN CON ALGUNHAS ACTIVIDADES QUE ORGANIZAMOS....PARA COMEZAR, E POÑER O PUNTO E FINAL, ÁS ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA, OS NENOS/AS MAIS MAIORES CONTARON CONTOS ÓS MAIS PEQUENOS/AS...PREVIAMENTE FIXERON UN TRABALLO DE ESCOLLIDA DE CONTOS, PREPARACIÓN  DA LECTURA,ETC.... FOI XENIAL!!!! AHÍ DEIXAMOS UNHAS FOTIÑOS....