Como vedes xa son competentes en moitas tarefas.... Orden, colocación, rexistro, préstamo, recollida de exemplares....Formades un equipo estupendo!!!Moitísimas grazas pola vosa colaboración....Sen vos a Biblioteca non sería a mesma!!!!
luns, 26 de xuño de 2017
Biblioteca aberta as familias
Na última semana de cole a Biblioteca encheuse de cor!!! Os tíos de Raquel de 1º estiveron con nós facendo unha actividade moi divertida de teatro e títeres e globoflexia...Ahí van algunhas fotiños que fixemos!!!! Encantounos!!!Moitas grazas, vovede cando queirades!!!!
Apadriñamento Lector
Este Trimestre fixemos unha actividade moi enriquededora de lectura... Os Alumnos e alumnas voluntarios/as foron os anfitrións desta actividade...Trátase de que eles/as lean contos os mais pequenos/as....
Entrega de Camisetas e diplomas os nenos/as voluntarios
Este ano a Biblio contou cun Equipo de voluntarios/as moi xeitosiño....como levan trabajado arreo todo o curso merecen un recoñecimento....Así que este trimestre fixemos a Entrega de Camisetas e Diplomas para éles/as... Sodes o más Equipo!!!!
mércores, 7 de xuño de 2017
O gran Cambio da nosa Biblioteca!!!!
Este ano, a nosa Biblioteca parece outra.... Como xa sabedes, o curso pasado presentámonos ó Plan de Mellora de Bibliotecas...presentamos un proxecto coas liñas prioritarias de actuación na nosa Biblioteca de cara o vindeiro curso, fomos seleccionados entre uns 30 colexios de toda Galicia, públicos e concertados... o entrar neste Plan, o colexio obten unha cantidade de cartos para gastos de equipamentos, mobiliario, fondos bibliográficos,etc.....Despois de asistir a unhas xornadas de formación pensamos en darlle un impulso a este espazo, un impulso que convertira a nosa Biblioteca nun gran centro de Recursos multifuncional, versátil, dinamizador, un espazo que potencie o aprendizaxe, a investigación, o gusto pola lectura.....así que o Equipo de Biblioteca, coa axuda dos nenos/as voluntarios, e algúns mestres do Claustro comezamos a traballar para facer o que agora temos e vos mostramos nesta entrada....
Entendemos que a Biblioteca debe ser cómoda, espaciosa, que favoreza a autonomía dos alumnos/as, con diferentes recunchos,e que esté aberta e presente na rutina diaria; a única maneira de poder facer esto foi reutilizar para este cometido outra aula, e outros recantos da escola. No proceso de mudanza e posta a punto, tivemos que baleirar, mover mobles, pintar, poñer tarima, ordear libros, etc....foi un gran esforzo do que, sen dúbida estamos moi contentos/as, xa que agora si que si....a Biblioteca vai vento en popa!!!!
Recital de Poesía dos alumnos/as de 4º
Por aqui deixamos un recital de Poesías có que nos deleitaron os nenos e nenas de 4º...Xa son uns profesionais!!!!Noraboa compis, gran traballo!!!
martes, 6 de xuño de 2017
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)