Achégase o 8 de marzo, data importante para as mulleres de todo o mundo. Seguindo co tema de Rosalía poetisa e muller, afondamos na vida de outras mulleres que como ela, foron pioneiras en moitos ámbitos da sociedade e que axudaron a mellorar o noso mundo. Dámoslle visibilidade a esas mulleres, fortalecendo o espírito crítico dos nosos nenos e nenas, facéndolle ver que hasta fai ben pouco as mulleres non eran libres para facer o que querían e que a día de hoxe, aínda existen paises no que isto segue a suceder. Acercámoslle pois, historias de mulleres que cambiaron o mundo, o noso recuncho está cheíño exemplos de loita de mulleres xeniales, así como de libros que nos acercan á igualdade. Invitámos aos pais e nais a descubrir historias increíbles de mulleres que cambiaron o mundo.
Día da muller from CEIP de Randufe on Vimeo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario