mércores, 19 de decembro de 2018

Andoriña Nº 68



A revista do colexio xa esta no kiosco virtua dos nosos blogues.
.Podedes ver as cousiñas tan interesantes que fixemos durante este trimestre, premendo no enlace.
https://issuu.com/ceip_randufe/docs/andori_a_68




Todo preparado para o bibliocine de Nadal

E chegando estas datas, a nosa biblioteca transfórmase nun cine donde divertirnos.
 Chisco xa nos puxo as probas para conseguir os eurochiscos para mercar as entradas e os flocos de millo, todos os nenos e nenas andamos na búsqueda de pistas e solucións de acertixos que temos que atopar nos contos do Apalpador. Que ganas de que chegue o día!!!









martes, 20 de novembro de 2018

Novidades no kiosco

Recén chegado ao kiosco de Chisco!!! Ciencia, curiosidades e moitas incógnitas por resolver nas nosas revistas favoritas!! Xa sabedes, na biblioteca!!



sábado, 10 de novembro de 2018

Aprendendo...

Aprendendo... Formándonos... Analizando as potencialidades da literatura,  da poesía... Enchendo a maleta para darlle sentido é vida a nosa biblioteca.



venres, 9 de novembro de 2018

Entrega de agasallos 2º certame poesía do Samaín


Hoxe durante o recreo fixemos entrega os nosos poetas e poetisas, que fostedes case 60, un agasallo por participar no noso certame de poesía polo Samaín poesía sen fin.
Escribindo poesía dámoslle forma aos nosos sentimentos, para cantar sen música, para soñar...
Grazas pola vosa aportación ao mundo da poesía!!!!






















xoves, 8 de novembro de 2018

No Samaín, poesía sen fin...

E polo Samaín, seguimos coa tradición poética do ano pasado : o 2º certame de poesía en realación ao samaín. Grazas pola vosa participación!!! As vosas obras poéticas están penduradas no tendal do recuncho de novas da biblioteca para que todos e todas desfrutemos da vosa creatividade. Grazas poetas e poetisas!!

Ciencia en galego na biblioteca co Doutor ABN e a Doutora Molécula


Dende a biblioteca celebramos o día da ciencia en galego. O doutor ABN e a doutora Molécula presentáronse na biblioteca e demostráronnos o Principio de Arquímedes cuns experimentos moi graciosos e interesantes. Arquímedes é a figura que este ano se homenaxea no día da ciencia en galego, porque en galego pódense facer moitas cousas, e entre elas ciencia, e se é divertida... Moito mellor!!!!. Aquí vos deixamos algúns momentos deste día tan científico.




























Entre castañas e calacús na biblioteca

A semana pasada desfrutamos dos contacontos de samaín durante o recreo. Pasámolo xenial coas visitas de personaxes á biblioteca que nos contaron contos de Samaín, onde non faltaron nin o medo nin as risas. Aquí vos deixamos algunhas fotiños tamén, de actividades que fixemos coa axuda das nosas familias para as exposición de outono e Samaín. Bicos lectotres!!!









Voltamos!!

Ola a todas e todos!!! Dende o equipo de biblioteca do CEIP de Randufe, dámosvos a benvida ao noso blogue no que iremos colgando actividades, novidades e cousiñas interesantes que traballamos dende a biblioteca. Voltamos con moitas ganas!!!

xoves, 31 de maio de 2018

LIBROS SOLIDARIOS PARA PARAMOS


Dende a biblioteca do CEIP de Randufe, solidarizámonos cos nosos veciños e veciñas de Paramos tralo tráxico suceso de hai unha semana. Por iso, Chisco, pide avosa colaboración para que os nenos e nenas de Paramos poidan volver sorrir grazas aos contos, para que lendo se olviden un pouquiño o que lles pasou. Traeremos contos da casa que nos gusten pero que xa non leamos, para compartir un anaquiño noso coas familias que o necesitan. Temos o carrito no recuncho de novas. Moitísimas grazas pola vosa colaboración!!






martes, 24 de abril de 2018

Para as familias...

A lectura é a chave prodixiosa da información, da cultura, do mundo, da ficción e da fantasía, e os libros, os medios necesarios. Por iso consideramos que tamén é importante o labor de saber elixir un conto ou libro para que resulte atractivo para os pequenos e pequenas, ao igual que inculcar o respecto por eles. Aquí vos deixamos algún consellos!! Feliz día do libro!!






xoves, 19 de abril de 2018

Arrancando a celebración do día do libro

Hoxe o noso recuncho de novas, preparouse para a celebración durante a vindeira semana do Día do libro. Como anunciamos, visitaranos o ilustrador Ignacio Hernández, que fará un obradoiro de banda deseñada co alumnado de 5º e 6º, durante o mércores e o xoves. O martes, faremos a entrega dos agasallos de participación  do certame do día da poesía. Despois  cada neno e nena do cole, será apadriñado e amadriñado por un neno ou unha nena de cursos superiores, coa que compartirán lecturas e actividades xunt@s. E para amenizar os nosos recreos e tempos na escola, dende a biblioteca preparamos unha selección de contos que destacan polas súas historias e ilustracións. Animamos tamén aos nenos e nenas a ler banda deseñada dende o recuncho ,durante estes días de celebración.
A ddemáis, seleccionamos entre moitas, " 20 razóns para ler", a modo individual, elixiremos as cinco que a cada un lle aporta a lectura ou os contos que escoitan.
Aquí vos deixamos o noso recuncho, animamos ás familias que se acerquen a ollar os marabillosos contos e cómics que eliximos dende o equipo da biblioteca. Saúdos lectores!!!











mércores, 18 de abril de 2018

Contos musicais: Paco Nogueiras

Onte visitounos Paco Nogueiras cargadiño co seu acordeón e o seu ukelele, ademáis dunha maleta da que nos sacou catro contos que fixeron as delicias dos nosos nenos e nenas de infantil. O primeiro conto musicado foi Nunú xoga, seguido de Griselda, a Horta de simón e por último un conto moi divertido: Tomás o bromista. Foi unha actividade divertidísima e ademáis de atender aos contos, cantamos, demos palmas e bailamos. Aquí vos deixamos unhas fotiños.
Paco Nogueiras from CEIP de Randufe on Vimeo.

Actividades encol ao Día do libro

Esta semana empezamos as celebración encol ao Día do libro que terá lugar o vindeiro 23 de abril. Dende a biblioteca avanzamos algunha das actividades que terán lugar durante estos días a través delas, traballaremos a importancia dos libros nas nosas vidas. En breve máis!!!




mércores, 14 de marzo de 2018

Certame poesía

En 1999 A UNESCO, proclamou o 21 de marzo, día mundial da poesía coincidindo co equinoccio de primavera e o día eliminación da discriminación racial.
Dende a biblioteca, queremos encher os corredores de poesía, por iso convidámosvos a participar neste novo certame. Animamos tamén ás familias que queiran, a entregar as súas producións poéticas, podedes entregalas en secretaría, expoñerémolas xunto as producións dos nenos e nenas. un saúdo!!


domingo, 4 de marzo de 2018

Rosalía: poetisa e muller (II)

Aquí vos deixamos un anaquiño do manifesto feminista que Rosalía con 20 anos, a piques de casar con Manuel Murguía, publica. Para ela, igual que para moitas mulleres, ser libre, escritora, nai e esposa non foi doado. Só con corenta e oito anos de vida, Rosalía dá a luz sete fillos, publica contos, artigos e dez obras en prosa e verso, algunhas consideradas obras mestras da literatura universal.  Disto fai 150 anos, donde as mulleres nin podían votar,  nin abrir unha conta corrente no banco, entre outras cousas. Pioneira galega sen dúbida, publica este manifesto feminista  no que nos mostra como quere ser: Libre como a brisa..., coma o pirata no mar.Aquí vos deixamos este anaquiño para desfrutar do seu pensamento.



(…) xamais dominou na miña alma a esperanza da gloria. Nin soñei nunca con loureiros que oprimisen a miña fronte. Só cantos de independencia e liberdade ensaiaron os meus labios. Aínda que ao redor sentira, desde o berce xa, o ruído das cadeas que debían apreixarme para sempre, porque o patrimonio da muller son os grillóns da súa escravitude.
Eu, porén, son libre, libre coma os paxaros, coma as brisas: como as árbores no deserto e o pirata no mar.
Libre é o meu corazón, libre a miña alma, e libre o meu pensamento, que se alza cara ao ceo e descende cara a terra, soberbio como luzbel e doce como unha esperanza (…)


Rosalia por Reizentolo

Mulleres que cambiaron o mundo

Achégase o 8 de marzo, data importante para as mulleres de todo o mundo. Seguindo co tema de Rosalía poetisa e muller, afondamos na vida de outras mulleres que como ela,  foron pioneiras  en moitos ámbitos da sociedade e que axudaron a mellorar o noso mundo. Dámoslle visibilidade a esas mulleres, fortalecendo o espírito crítico dos nosos nenos e nenas, facéndolle ver que hasta fai ben pouco as mulleres non eran libres para facer o que querían e que a día de hoxe, aínda existen paises no que isto segue a suceder. Acercámoslle pois, historias de mulleres que cambiaron o mundo, o noso recuncho está cheíño exemplos de loita de mulleres xeniales, así como de libros que nos acercan á igualdade. Invitámos aos pais e nais a descubrir historias increíbles de mulleres que cambiaron o mundo.

Día da muller from CEIP de Randufe on Vimeo.

venres, 2 de marzo de 2018

Traballando con Rosalía

Aquí vos deixamos o traballo que realizamos a semana pasada co gallo do día de Rosalía. Aprendemos unha morea de cousas e curiosisades da súa vida a través do recuncho de novas da biblioteca, donde ademáis había moitos libros de poesía que podiamos ollar durante os recreos. Aquí vos deixamos a escolma dos traballos que realizaron os nenos e nenas da nosa escola.

Día De Rosalía 2018 from CEIP de Randufe on Vimeo.

luns, 26 de febreiro de 2018

Rosalía: muller e poetisa

E casi remata febreiro e comeza marzo. Para conmemorar o día da nosa poetisa máis querida, dende a biblioteca, preparamos no recuncho de novas, unha escolla de obras de Rosalía e unhas reseñas sobre a súa vida e algunhas curiosidades da súa apaixoante vida. Cada curso realizou actividades sobre a súa vida e a súa obra, caligramas, estudos de documentación sobre as súas viaxes, lecturas da súa poesía polas aulas... Todo o traballo recolleuse en diferentes exposicións polos corredores. En breve publicaremos unha presentación con todo o que traballamos.
A figura de Rosalía, usarémola para conmemorar tamén o día da mulller traballadora que se celebra o 8 de marzo. Parécenos interesante a visión rosaliana sobre o papel da muller na sociedade da súa época, que por desgraza, segue acontecendo case 200 anos despois.
 Acompañarán a exposición de Rosalía, contos e biografías de mulleres que cambiaron o mundo. En breve expoñerémolas para a súa lectura e traballo de documentación dos nenos e nenas no recuncho de novas. Ate a proxima!!