martes, 31 de marzo de 2020

1 DE ABRIL. DÍA DAS ARTES GALEGAS

 


      O día 1 de abril, celébrase o Día das Artes Galegas que, neste 2020, homenaxea ao arquitecto Domingo de Andrade. 
      El é o autor da Torre do Reloxo da Catedral de Santiago de Compostela. Aínda que a maior parte da súa obra podemos vela en Compostela, fora dalí tamén deixou a súa pegada en Lugo e Ourense.













        Nesta ligazón está a Torre do Reloxo para descargar, colorear e facer con ela un marcapáxinas, como fixo o alumnado do CEIP O Mosteirón (Sada-A Coruña). Tamén podedes investigar algo máis sobre Domingo de Andrade e buscar información.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmosteiron/system/files/Torre%20do%20reloxo%20pdf.pdf

luns, 30 de marzo de 2020

KALANDRAKA TV

      Como non pode ser doutro xeito, o Equipo de Biblioteca quere ofrecervos recursos para estes tempos de corentena.
     
     Dende a súa propia canle de televisión, disponible dende a web, a Editorial Kalandraka potencia o contido infantil para axudar na corentena polo coronavirus.

    Estas son as súas palabras:

 "Xa non podemos facer as sesións de contacontos nas librarías e demais, que facemos centos ao ano, así que farémolo virtualmente. Penso que 

QUEN CONTA E CANTA OS SEUS MALES ESPANTA"

     Hoxe deixámosvos o conto A CEBRA CAMILA.

      Pinchade no enlace ou copiade e pegade no buscador.

http://www.kalandraka.tv/gl/seccion2.php?id=33&pagina=3#PD_Loli%20Blanco%20-%20La%20cebra%20Camila

📕   📔   📚   📙   📘   📗


xoves, 5 de marzo de 2020

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Co motivo da celebración do 8 de Marzo, Día da muller traballadora, dende a Biblioteca propoñemos un traballo de investigación en relación a unha  importante científica chamada Eunice Newton

Eunice Newton Foote foi unha científica climatóloga e inventora estadounidense,  defensora dos dereitos das mulleres e destacada investigadora, pioneira do efecto invernadoiro  e predictora do cambio climático.Disto hai 164 anos, e non puido presentar o seu traballo científico por ser muller. 

Eunice foi rescatada do esquecemento no 2011 cando un investigador publicou un artigo sobre ela. Ademais, en 2016 unha climatóloga investigou e atopou a publicación que o xornal lle adicara.


xoves, 27 de febreiro de 2020

SEMANA DE ROSALÍA

Coma todos os anos, o día 25 de febreiro  celébrase o Día de Rosalía en recordo do día de nacemento desta importante escritora galega. 

Este ano, no CEIP de RANDUFE imos recordarla escoitando música relacionada coa súa POESÍA!

Agudizade os vosos oídos as entradas e saídas!  

Non deixedes de pasar pola BIBLIOTECA, agárdanvos libros interesantes da súa poesía.




luns, 10 de febreiro de 2020

VISITA DE LEDICIA COSTAS

Ola chicos e chicas de 5º e 6º de Primaria!

Esta semana imos recibir na nosa Biblioteca a visita da escritora de literatura xuvenil Ledicia Costas. "Escarlatina, a cociñeira defunta", "Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta" e "A señorita Bubble" son, entre outros , títulos dos seus interesantes libros.

Estará con nós o vindeiro mércores 12 de febreiro.

Esperamos que disfrutedes coas súas divertidas historias!



xoves, 6 de febreiro de 2020

SESIÓN DE XOGOS NA BIBLIOTECA!

Durante o mes de febreiro, todos os xoves á hora do recreo, haberá XOGOS na Biblioteca! 

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º serán os vosos guías para que aprendades a utilizalos. 

Hai xogos axeitados para todas as idades!

Animádevos a coñecelos!



mércores, 5 de febreiro de 2020

VISITA DO ILUSTRADOR XOSÉ TOMÁS

No mes de xaneiro  os alumn@s de 4º e 6º asistimos a un taller de Ilustración  impartido por Xosé Tomás, ilustrador e humorista gráfico. 

Aprendimos moito e tamén  divertímonos seguindo as pautas que nos propuxo para crear as nosas propias bandas deseñadas!

Aquí vos deixamos unha pequena mostra.

Esperamos facer en poucos días unha "Exposición" dos nosos traballos.