domingo, 13 de outubro de 2019
BANDA DESEÑADA
Para
comezar o curso, dende a Biblioteca, Chisco achéganos libros suuuuuper interesantes
e divertidos sobre Banda Deseñada!Non
deixes de pasar polo recuncho da entrada do colexio e poderás gozar coa lectura
de cómics de Mafalda, Wally, , Tadeo Jones e outr@s personaxes.
domingo, 22 de setembro de 2019
BENVID@S Á XANELA DE CHISCO
Benvid@s un novo curso á Biblioteca do Ceip Randufe! Comezamos con novos proxectos e moita ilusión. Contamos coa vosa participación e a vosa axuda para continuar facendo da nosa Biblioteca un recuncho emocionaaaaante...
xoves, 6 de xuño de 2019
PROGRAMA DE VOLUNTARIADO
Hai unhas semanas, o alumnado de 5º e 6º de Primaria actuaron na sección de Pediatría do "Hospital Álvaro Cunqueiro" de Vigo e na Residencia de anciáns "Paz y Bien" de Tui, dentro do Programa de Voluntariado, no que participa a nosa escola. Representaron para eles varios contos.
Aquí tedes a entrevista que lle fixeron as compañeiras de 4º para coñecer a súa experiencia.
Preme aquí⇒ VOLUNTARIADO(vídeo)
mércores, 17 de abril de 2019
VISITA DA ESCRITORA IRIA MISA
Ola, somos: Pablo, Anaïs, Laura, Alejandro e Martín. Onte, 16 de abril de 2019,viu unha escritora ao noso colexio chamada Iria Misa, que, a vez, é profesora do instituto I.E.S San Paio de Tui.
Iria Misa contounos cousas sobre o libro que escribiu que se chama "Mamá, quero ser Ziggy Stardust" que xa limos no cole.
Os rapaces e rapazas de 5º e 6º de Primaria. Pasámolo moi ben con ela. Ademais tamén nos firmou a todos uns folletos.
Foi unha experiencia moi bonita.
Grazas Iria Misa!
Iria Misa contounos cousas sobre o libro que escribiu que se chama "Mamá, quero ser Ziggy Stardust" que xa limos no cole.
Os rapaces e rapazas de 5º e 6º de Primaria. Pasámolo moi ben con ela. Ademais tamén nos firmou a todos uns folletos.
Foi unha experiencia moi bonita.
Grazas Iria Misa!
luns, 15 de abril de 2019
APADRIÑAMENTO/AMADRIÑAMENTO LECTOR
A primavera xa chegou!!!???🌸 🌷 🌻 E con ela tamén chega o noso
"apadriñamento/amadriñamento lector". 📒 📔 📕 📙 📘 📗
Tódolos venres, na hora da
lectura, o alumnado de 3º, 4º, 5º
e 6º de E Primaria lenlle aos de
E. Infantil, 1º e 2º de E. Primaria.
Empezamos con esta actividade o
curso pasado e a verdade é que resulta
moi gratificante.
Aquí deixamos unha pequena
mostra dunha das nosas "contadoras".
"apadriñamento/amadriñamento lector". 📒 📔 📕 📙 📘 📗
Tódolos venres, na hora da
lectura, o alumnado de 3º, 4º, 5º
e 6º de E Primaria lenlle aos de
E. Infantil, 1º e 2º de E. Primaria.
Empezamos con esta actividade o
curso pasado e a verdade é que resulta
moi gratificante.
Aquí deixamos unha pequena
mostra dunha das nosas "contadoras".
mércores, 10 de abril de 2019
PROGRAMA ADA
Como xa sabedes, a nosa escola está a participar no programa "DONAS DE SÍ", da Secretaría Xeral de Igualdade en colaboración co Instituto da Muller para a Igualdade de Oportunidades (IMIO).
Nesta ocasión, o alumnado de 6º participou nun taller educativo do "PROGRAMA ADA" que promove a formación en tecnoloxías nas escolas. Intentan promover o interese das nenas e xoves nas ramas tecnolóxicas de estudo.
Partindo da vida da matemática e informática Ada Byron, montaron e desmontaron un ordenador, coñeceron como funcionan as impresoras 3D e fixeron un animal, primeiro en papel, que despois montaron. Ao acercalo a unha tablet, esta lía o seu código e o animal podía moverse.
FOI IMPRESIONANTE!!!!
Ademais da monitora, recibimos a visita dunha enxeñeira da zona, que nos ensinou todo isto.
Se queredes coñecer un pouco máis sobre mulleres e ciencia e tecnoloxía, na biblioteca do cole temos bastantes libros. Aquí vos queda algún exemplo.
RECIBIMOS AO ALUMNADO DO CENTRO SAN XEROME EMILIANI
Seguindo coas visitas, tamén recibimos ao alumnado do centro San Xerome Emiliani (A Garda).
Son rapaces e rapazas con capacidades diferentes que estiveron connosco para contarnos como traballan no seu centro, como é o seu día a día e tódalas cousas que fan.
FOI UN PRACER COMPARTIR
ESES MOMENTOS CON ELES.
E como non podía ser doutro xeito, comezamos cunha deliciosa merendola.
🍩 🍪 🍞
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




















