martes, 24 de abril de 2018
Para as familias...
A lectura é a chave prodixiosa da información, da cultura, do mundo, da ficción e da fantasía, e os libros, os medios necesarios. Por iso consideramos que tamén é importante o labor de saber elixir un conto ou libro para que resulte atractivo para os pequenos e pequenas, ao igual que inculcar o respecto por eles. Aquí vos deixamos algún consellos!! Feliz día do libro!!
xoves, 19 de abril de 2018
Arrancando a celebración do día do libro
Hoxe o noso recuncho de novas, preparouse para a celebración durante a vindeira semana do Día do libro. Como anunciamos, visitaranos o ilustrador Ignacio Hernández, que fará un obradoiro de banda deseñada co alumnado de 5º e 6º, durante o mércores e o xoves. O martes, faremos a entrega dos agasallos de participación do certame do día da poesía. Despois cada neno e nena do cole, será apadriñado e amadriñado por un neno ou unha nena de cursos superiores, coa que compartirán lecturas e actividades xunt@s. E para amenizar os nosos recreos e tempos na escola, dende a biblioteca preparamos unha selección de contos que destacan polas súas historias e ilustracións. Animamos tamén aos nenos e nenas a ler banda deseñada dende o recuncho ,durante estes días de celebración.
A ddemáis, seleccionamos entre moitas, " 20 razóns para ler", a modo individual, elixiremos as cinco que a cada un lle aporta a lectura ou os contos que escoitan.
Aquí vos deixamos o noso recuncho, animamos ás familias que se acerquen a ollar os marabillosos contos e cómics que eliximos dende o equipo da biblioteca. Saúdos lectores!!!
A ddemáis, seleccionamos entre moitas, " 20 razóns para ler", a modo individual, elixiremos as cinco que a cada un lle aporta a lectura ou os contos que escoitan.
Aquí vos deixamos o noso recuncho, animamos ás familias que se acerquen a ollar os marabillosos contos e cómics que eliximos dende o equipo da biblioteca. Saúdos lectores!!!
mércores, 18 de abril de 2018
Contos musicais: Paco Nogueiras
Onte visitounos Paco Nogueiras cargadiño co seu acordeón e o seu ukelele, ademáis dunha maleta da que nos sacou catro contos que fixeron as delicias dos nosos nenos e nenas de infantil. O primeiro conto musicado foi Nunú xoga, seguido de Griselda, a Horta de simón e por último un conto moi divertido: Tomás o bromista. Foi unha actividade divertidísima e ademáis de atender aos contos, cantamos, demos palmas e bailamos. Aquí vos deixamos unhas fotiños.
Paco Nogueiras from CEIP de Randufe on Vimeo.
Paco Nogueiras from CEIP de Randufe on Vimeo.
Actividades encol ao Día do libro
Esta semana empezamos as celebración encol ao Día do libro que terá lugar o vindeiro 23 de abril. Dende a biblioteca avanzamos algunha das actividades que terán lugar durante estos días a través delas, traballaremos a importancia dos libros nas nosas vidas. En breve máis!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)