xoves, 18 de xuño de 2020

GUÍA DE LECTURA PARA O VERÁN


          Chega o verán e as tan ansiadas vacacións. Chega tamén o tempo de descanso e os monentos libres para desfrutar coa lectura. Nesta guía atoparedes suxestións de lecturas entretidas e divertidas. Esperamos que vos gusten.




         Premede nas imaxes para velas ampliadas.





FELICES VACACIÓNS

venres, 29 de maio de 2020

VISITA DE PACO NOGUEIRAS

Atención rapazas e rapaces
 
           Nestes días tiñamos programada a actuación de Paco Nogueiras no noso cole. Moitos de vós xa o coñecedes porque nos ten visitado  en varias ocasións. Como, de momemto, non poderemos desfrutar da súa presencia, podedes ver estes vídeos que nos ofrece a canle Kalandraka TV.

    Esperamos que vos gusten!


                                          🎼   🎶   🎻   🎹    🎼   🎶   🎻   🎹    🎼   🎶   🎻   🎹




Preme aquí: Cantarolas

                    
                                                            Preme aquí:  Despois da chuvia

                                                            
                                                             Preme aquí:O pequeno indio


                     
                                                         Preme aquí:Quen é ese becho?












domingo, 17 de maio de 2020

17 DE MAIO. DÍA DAS LETRAS GALEGAS II

          Moitas grazas ao alumnado colaborador e ás súas familias por enviarnos as fotos para elaborar este vídeo. Con el queremos participar na celebración do "Día das Letras Galegas", respondendo á invitación do Concello de Tui e da Biblioteca Municipal.Nel atopamos as lecturas favoritas EN GALEGO dos nosos nenos e nenas neste tempo de confinamento.


xoves, 14 de maio de 2020

17 DE MAIO. DÍA DAS LETRAS GALEGAS

          Este ano, o autor homenaxeado no "Día das Letras Galegas" é o escritor ferrolán Ricardo Carvalho Calero.

          No blog do colexio escoladerandufe.blogspot.com tedes información sobre a súa vida e obra, xogos e algún conto.

          Para os máis pequenos esta pequena biografía presentada polos Bolechas.



                                    
 Premede aquí:
Carvalho Calero. Os Bolechas










           E a continuación, o conto de Ricardo Carvalho Calero, "As pitas baixo a choiva".



          
  Para rematar, despois de ver o conto, un xogo.




 Preme aquí:
Xogo interactivo











luns, 4 de maio de 2020

CONTO DE CONTOS


  Parece que vos ides animando a enviar os vosos "Contos de contos".
       Hoxe temos o de Iria de 1º B. Esperamos que vos guste. 

                                  MOITAS GRAZAS, IRIA!

martes, 28 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO IV


DÍA DO LIBRO IV

      Para rematar con esta serie de publicacións sobre o "Día do libro", deixámosvos  esta fermosa canción de Luz Casal e Carlos Núñez titulada "Negra sombra".
      Está inspirada nun dos poemas máis coñecidos  de ROSALÍA DE CASTRO, do seu libro Follas Novas.






SEGUIDE GOZANDO COS LIBROS E COA LECTURA!

luns, 27 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO III


SEGUIMOS CELEBRANDO O DÍA DO LIBRO

      Continuando coa música inspirada en libros,  presentamos a canción de "Cocorico", do libro de MARISA NÚÑEZ, titulado tamén Cocorico. Esta escritora galega escribiu o seu libro a partir dun conto tradicional birmano.


     Aquí tedes tamén o conto, por se queredes seguir a lectura.